Concello de Oleiros

Alégranos anunciar que o Concello de Oleiros aprobou hoxe a moción presentada por esta Coordinadora, na que se instaba á condena do peche de camas dos hospitais galegos que tódolos veráns fai o actual goberno da Xunta de Galicia, cando temos mais de 300.000 galegos e galegas que están en listas de agarda.
Na mesma moción condénase tamén o bloqueo das axendas na tempada estival, o que provoca aínda mais o incremento das listas de agarda.
E finalmente na moción se instaba ao goberno central á derrogacións das leis 15/1997, 16/2012, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución.
Votaron á favor da moción os grupos Alternativa dos Veciños, PSOE e BNG, e votou en contra o Partido Popular.
Este é o camiño, só cos cambios lexislativos necesarios se garante unha sanidade pública e de calidade, apartándoa da especulación e do negocio do sector privado.
O resto só son boas palabras.
Parabéns ao Concello de Oleiros por solidarizarse, clara e rotúndamente ca cidadanía que está a sufrir os recortes sanitarios.

Mocion_201606_Oleiros_Página_1 Mocion_201606_Oleiros_Página_2

Oleiros

AcordoAcadadoOleiros_COORDINADORA_Página_1 AcordoAcadadoOleiros_COORDINADORA_Página_2 AcordoAcadadoOleiros_COORDINADORA_Página_3

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: