Cantas mortes mais señor Almuiña
O pasado día 13 de Novembro, na salida da Fundación Barrié na Coruña ás 22 horas, esperaban algunhas nais coa esperanza de preguntarlle ao Conselleiro de Sanidade, o señor Almuiña ¿Cantas mortes máis tiña que haber para que a vacina da meninxite B estivera disponible para todalas familias no calendario vacinal, xa que non todas poden facer fronte a ese gasto?
Á saída, o conselleiro tivo a deferencia de deterse ante as nais preocupadas pola saúde dos seus fillos e fillas, e fixéronlle a pregunta.
Unha das nais perderá ao seu fillo, e ante a pregunta, o conselleiro contestou que o sentía pero que “… o seu caso era un caso particular…”.
Ante esta e outras explicacións que non sirveron para encontrar unha resposta de ¿por qué a vacina servia para vendela nas farmacias e non para poñela no calendario vacinal? Ao final do encontró, a nai chorou de rabia e impotencia ao ver convertida a morte do seu fillo nunha mera cifra, e o pouco interese pola preocupación e medo que unha nai ten polos seus fillos.
Outra nai, ante as insitentes preguntas, non veu mais que disculpas ante as mortes dos dous nenos e outros contaxios recentes. Sentíu que o conselleiro navegaba nun mar de incongruencias ante os datos amosados pola nai, e pouco interese por evitar mais dór e sufrimento.
Continuou criticando que o gobernó non poñia a vacina no calendario polos recortes presupuestarios, e vaticinoulle que para as eleccións autonómicas sí habería vacina, denunciando o manexo electoralista da dor das familias preocupadas polos seus fillos e fillas.
Rabia e impotencia das familias que perderon, ou que poden perder a súas fillas e fillos, foi o que sinteron ante un conselleiro que, ainda que esta vez deu a cara, poucas aclaracións e de dudosa credibilidade foi o que obtuveron.
NI UNHA MORTE MAIS!!!