Trala visita ao Congreso dos Deputados, esta coordinadora, como membro da marea branca estatal, comenza a rolda de visitas polo parlamento autonómico, concellos e outras institucións públicas para amosarlles o que todas e todos queremos que sexa a nosa sanidade: UNHA SANIDADE 100% PUBLICA, UNIVERSAL, DE CALIDADE E SEN REPAGOS.
38 MEDIDAS que trazan o camiño para revertir o proceso privatizador ao que está sendo sometida a sanidade pública en todo o estado español. Un camiño que se ten que coordinar entre o Congreso dos Deputados e os parlamentos autonómicos, dada as atribucións de competencias de cada un deles.
Presentaremos esta proposta en tódalas institucións posibles, como xa se está a facer noutras comunidades autónomas, para que amosen o seu apoio a estas medidas correctoras, que consideramos cruciais para conseguir unha sanidade como a todas e todos nos gustaría ter.
Non cesaremos no noso empeño ata conseguir culminar este proceso, e acabar coa dor, sufrimento, e moitas veces mortes, que están a padecer centos de miles de cidadás que están á espera de ser atendidos, mentres se pechan plantas dos nosos hospitais ou non se contratan os profesionais que se precisan.
Enlaces á prensa:
https://enmarea.gal/nova/enmarea-mareabranca
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/07/20/marea-blanca-lleva-parlamento-38/1201717.html
http://www.farodevigo.es/galicia/2017/07/20/marea-blanca-pide-camara-revierta/1719504.html
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/07/20/marea-blanca-lleva-parlamento-38/1201717.html