Listas de agarda e informes económicos

Trala constitución da Marea Branca Estatal o pasado 18 de Xuño en Madrid, tomamos como primeira medida, a petición ás administraciones autonómicas do estado español, de tódolos datos sobre as listas de agarda, e si os nosos recursos públicos están sendo utilizados coa racionalidade esixida.

Por isto, presentamos hoxe na Xunta de Galicia, a través do organismo de transparencia da Xunta de Galicia, unha petición formal dos referidos datos. Información a que ten dereito calquera cidadán no exercicio dos seus dereitos.

Esta son as nosas peticions:

  1. Situación con datos reais das listas de agarda a Xuño do 2016, cirúrxicas por especialidade, probas diagnósticas e de primeira consulta de tódolos servizos.
  2. Número de doentes que están nas listas de espera non estruturais, ben por rexeitar ser derivado a un centro privado ou por non ter recibido aínda a notificación da data para a súa proba ou intervención.
  3. Criterios que se aplican nos chamamentos nesas listas por servizo e hospitais, e criterios que se aplican para derivar ás doentes á clínicas privadas.
  4. Informes técnicos previos da necesidade para a derivación a clínicas privadas e nome das empresas que se utilizan para cada servizo.
  5. Informes técnicos previos de avaliación comparada de probas e intervencións do anteriormente informado, entre a sanidade pública e a sanidade privada.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!

photo_2016-07-01_11-56-48

images-globo2

                                       cropped-cropped-pinhans_logo.png

photo_2016-07-01_11-57-07

http://play.cadenaser.com/widget/audio/1467377264_187769/

13584670_1039754259411334_5143510628742273209_o

13512163_1039754162744677_4494351020848452425_n 13537612_1039754189411341_184156469739752735_n 13585046_1039754272744666_7331407311657525675_o

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: