Este fín de semana quedou constituída a Marea Branca Estatal, da que formamos parte. A partir de agora, vanse a organizar mobilizacions unitarias consensuadas tódolos meses, para ser realizadas ao mesmo tempo en todo o estado español.
Únete á loita, non o podemos facer por ti. Cada un de nós é imprescindible para facer fronte á esta agresión sen precedentes contra a sanidade pública.
PARABÉNS A TÓDALAS MAREAS BRANCAS DO ESTADO
COMUNICADO AOS PARTIDOS POLÍTICOS, MEDIOS DE COMUNICACIÓN E CIDADANÍA EN XERAL trala celebración da xuntanza celebrada en Madrid o pasado sábado 18 de Xuño, entre todalas Mareas Brancas do estado.
O noso obxectivo é a loita por UNHA SANIDADE 100% PÚBLICA, UNIVERSAL, GRATUITA NO MOMENTO DA PRESTACIÓN E DE CALIDADE

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!