O 9 de Setembro en Zaragoza as Mareas Brancas de todo o estado xuntas por unha sanidad 100% publica, ainda que ao goberno lle soe a 中國
Un novo encontro con novas incorporacións. Mais de 50 representantes de case todas as comunidades autónomas. Xuntas e xuntos contra as modifiacións lexislativas que se aprobaron, non só en Galicia, se non tamén en Madrid, Cataluña e a que pretenden aprobar na Unión Europea. Isto é un problema local e non só do Salnes, Valdeorras, Monforte ou a Mariña Lucense. A solución é global e temos que loitar en todos os frentes. As batallas locais non sirven. Non están todas porque moitas tiveron que sair antes pola necesidade de retornar as súas localidades de orixe.