O pasado 22 de Abril tivo lugar en Madrid a IVª Asemblea estatal de Mareas Brancas de todo o Estado Español. Foi unha xornada enriquecedora da que podemos destacar oa extenso retrato que dibuxamos entre todas e todos da situación a día de hoxe da Sanidade Pública en España. Participaron de forma presencial delegacións e representantes de: Andalucía, Canarias (Tenerife), Cataluña, Castela-Leon(Benavente, Leon e Segovia), Castela a Mancha (Ciudad Real e Toledo), Galicia (A Coruña) e Madrid. Asemade participaron de forma telefónica e informada: Baleras, Castela-Leon (Zamora), Euskadi, Pais Valencia (Comarques del Sud) e a Rioxa.
A destacar que os conflictos van en aumento, que as Consellerías de sanidade teñen enfronte á Marea Branca de todo o territorio; todas as mareas traballando «in vigilando» para sacar á luz cada vez con mais detalle, a deriva que vai contra o ben común e a titularidade públcia dos mesmos, seguindo o plan mercantilista neoliberal que tanto dano está a producir ás persoas, os países e os pobos. Faise moi evidente coas declaracións diversas e públicas que profiren na súa contra algunhos deles. Temos moi claro que isa forma de actuar amosa o seu medo e sobre todo que ¡ IMOS MOI BEN !