Manifesto

DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS

 A Coordinadora Anti-privatización da Sanidade Pública – A Coruña súmase á defensa dun sistema público de saúde que cumpla cos seguintes principios:

 1 –  Asistencia sanitaria universal e gratuita no momento da prestacion para toda a poboación residente no estado español, independentemente da súa situación administrativa.

 2 –  A prestación sanitaria farase exclusivamente por medios propios, aumentando ás capacidades que sexan necesarias nos diversos territorios.

 3 –  Optimización plena de tódolos recursos públicos propios.

4 – O sistema público de Saúde planificará e organizará os seus recursos en función exclusivamente das necesidades da saúde da poboación.

 5 – Igualdade no acceso ó sistema nacional de saúde en tódolos territorios do estado.

 6 -A disponibilidade de medicamentos estará sometida á planificación xeral cun sistema centralizado de compras.

Finalmente, pedimos a derogación da Lei 15/97 de “Nuevas Formas de Gestión en el SNS”, e do Real Decreto-Lei 16/2012 co que se pon en marcha a reforma sanitaria, o artigo 135 da Constitución co que prevalece o pago da débeda por riba das necesidades da cidadanía e o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade de 1986 que abre as portas á entrada do sector privado na xestión da sanidade pública.

Ante estas reformas encubertas de privatización do noso sistema de saúde, esta coordinadora decide iniciar unha campaña informativa na cidade da Coruña, sobor do risco que suporá para a nosa saúde, todos estes cambios que se están a levar a cabo, e as consecuencias irreparables para ó sistema que todas estas medidas poden supoñer.

Asi mesmo, nos sumaremos e colaboraremos con todas aquelas prataformas cidadás ou de outro tipo, que defendan os principios dunha sanidade pública, universal e gratuita. Apoiaremos todos os actos que se convoquen por este motivo, e convocaremos todos aqueles que consideremos necesarios, para informar á poboación do grave risco no que se encontra o sistema galego público de saúde.

______________________________________________________________

MANIFESTO

Xuntámonos diferentes colectivos da cidade, para denunciar o desmantelamento e a privatización do noso sistema de saúde.

Queremos acadar a implicación de tódalas veciñas e veciños da nosa cidade, xunto ca dos profesionais da saúde, na defensa e mellora do sistema público, para garantir unha atención sanitaria de calidade, baseada tanto na promoción da saúde e a prevención, como na curación e rehabilitación da enfermidade en igualdade de condicións para todas e todos, utilizando adecuadamente os recursos, creando emprego de calidade, actuando sobre os determinantes da enfermidade, e todo elo a través dun sistema sanitario público, universal sen re-pagos e xestionado democráticamente.

Para elo só hai un camiño: a mobilización continuada dos propios cidadáns, defendendo nos mesmos o que é de todas e todos. Así, sen intermediarios, poderemos forzar ós políticos para que non fagan negocio ca nosa saúde.

E como cidadáns ESIXIMOS :

A derrogación das leis básicas estatais 15/1997 e 16/2012, así como as normas autonómicas que as desenrolan, para rematar co negocio na sanidade, o artigo 135 da Constitución e artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade de 1986.

A volta a mans públicas de tódolos servizos privatizados ata o momento, e a limitación ó máximo, e con control público, dos concertos cos establecementos privados

Eliminación das medidas de re-pago farmacéutico para os pensionistas e tamén do re-pago no transporte sanitario, materiais ortoprotésicos e dietéticos, así como determinados fármacos de dispensación hospitalaria.

A volta á condición de cidadán para ter dereito a tódalas prestacións do sistema nacional de saúde. Atención sanitaria para todas e todos independentemente da súa situación administrativa.

Elaboración de plans de saúde comunitarios (recollidos na propia Lei Xeral de Sanidade e sen desenrolar dende 1986), que permitan coñecer os determinantes e produtores da enfermidade, así como as verdadeiras necesidades de atención sanitaria en cada zona, o que permitiría actuar sobre as causas, e reducir o gasto sanitario.

Implantación da dedicación exclusiva no sector público, para evitar, por un lado, as corruptelas e o vaivén de doentes da pública á privada e, por outro, rematar co pluriemprego no sector que favorece un exército de parados nalgunhas categorías.

Implantación da quenda de tarde para os facultativos, creando emprego fixo e garantindo a utilización óptima dos recursos públicos, evitando polo tanto, a sangría que dende fai décadas supoñen os concertos privados.

A derrogación da reforma da Constitución levada a cabo no 2011 polo PP e o PSOE, que prioriza o pago da débeda por riba de calquera outro gasto, sanidade incluída, así como o non pago da débeda ilexítima, mecanismos utilizados para o desmantelamento e privatización de todos os servizos públicos.

Como cidadáns temos dereito a unha asistencia sanitaria de calidade. Defendamos este dereito RECLAMANDO sempre que sexa necesario, tanto nas rúas como nos propios centros sanitarios.

RECLAMAR cando os tempos de espera sexan longos,

RECLAMAR cando constatemos unha plantilla insuficiente,

RECLAMAR cando pasemos horas nun sillón á espera dunha cama.

Temos que RECLAMAR. Nós pagamos os nosos impostos para ter un servizo de calidade, e a administración ten que poñer os medios necesarios para que así sexa.

Neguémonos a ser atendidos na sanidade privada, temos o noso sistema publico e este é o mellor xeito de defendelo.

Si tras recibir un servizo sanitario nos dan unha factura, non a aceptemos, nós xa pagamos polo servizo tódolos días.

Os únicos que non pagan son eles, os de arriba, os que levan os seus cartos a Suiza, ás Illas Caimán ou os teñen en Sicavs. Nós somos os que mantemos o sistema.

E por si fora pouco, asistimos a unha reformas fiscais que favorece ós mais ricos. Unha rebaixa de impostos que precariza aínda mais a nosa sanidade e demais servizos públicos.

Este é o único camiño, falemos cos nosos veciños, amigos, familiares, informándolles do que está a acontecer ás nosas costas, para tecer unha rede informativa que abra os ollos de todas e todos nos á realidade, porque a información é un arma moi poderosa, e nós, seguiremos a informar e a concentrarnos ata que a nosa sanidade estea garantida, e os especuladores e falsos empresarios quiten as mans do que é noso:

¡O SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE!

¡¡¡¡SANIDADE SEMPRE PÚBLICA, UNIVERSAL,SEN REPAGOS, GALEGA E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS !!!!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: