O 24O sóbrannos os motivos: Pan, Traballo, Teito e Saúde

Marchas_Sanidade


http://embed.bambuser.com/broadcast/5873889

12038124_906430586077036_9221591313596875101_n

10947348_906430569410371_3813309240455212443_n12034291_1087896237888836_5058902011750529825_o 13558807_541923329328905_4360868449665977354_ophoto_2015-10-24_19-11-50 12033095_894296507314481_7138633642485774407_n 12049262_894296417314490_1695568025287243808_n

12063333_906430556077039_7711235626701517867_n

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña súmase ás Marchas da Dignidade. O 24O acudirá ao obradoiro para esixir pan, traballo, teito e saúde.
A situación do noso país segue a ser grave. Millons de cidadáns carecen de traballo.
12065684_906430542743707_6864165894884137960_nCentos de miles están no exilio en busca dunha oportunidade que no encontran no noso país. Miles de familias son desafiuzadas das súas vivendas cada ano.
Somos un dos países mais aventaxados en pobreza infantil.
A desigualdad está a medrar dun xeito escandaloso. As diferencias salariais entre as direccións das empresas e as traballadoras e traballadores chegan ata un 185%.
A corrupción sistémica e o descontrol total dos servizos básicos do noso país fai que teñamos unhos dos prezos mais altos da Unión Europea. O desmoronamento da educación, a falta de becas, o incremento das tasas, etc. son motivos mais que suficientes para encher o Obradoiro e enviarlle unha mensaxe clara ao noso goberno e á Troika de rexeitamento ás súas políticas de emprobrecemento.

O sistema sanitario público está a ser desmantelado, desviándose cada vez mais presuposto ao sector privado. Seguen a medrar as persoas doentes que non poden pagar os seus medicamentos. A saúde mental está completamente abandonada, cando en Galicia prodúcense mais dunha morte diaria por suicidio. As listas de espera seguen a medrar e se seguen pechando camas, servizos ou non se repon persoal ou medios materiais. O claro obxectivo é descapitalizar o sistema sanitario público e cederlle o protagonismo á sanidade privada.
O nefasto novo Hospital de Vigo, onde faltan persoal e medios, reflicte o modelo sanitario que o PP quere para Galicia. E non o imos aceptar.
Os hospitais comarcais están a ser desmantelados.
A situación dos centros de benestar, residencias xeriátricas e centros de discapacitados é crítica por culpa dos recortes, o que supón un grave risco para as persoas internas.

De novo, estamos na rúa porque a única saída é a mobilización e a unidade contra estas políticas de recortes.

Por todo isto e por moito mais, o 24O nós imos. E ás esixencias de Pan, Traballo e Teito, engadiremos a dunha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta no momento da prestación e do acceso aos tratamentos, e de calidade.

PAN, TRABALLO, TEITO E SAÚDE.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: