44Mesa redonda sobre a situación da sanidade pública en Galicia. Terá lugar na Libraría Biblos, Rúa Santiago 4, Betanzos. Na mesma participarán:
- D. Manuel Martín Garcia – Presidente da Federación de Asociacións en defensa da Sanidade Pública (FADSP)
- D. Pablo Vaamonde García – Médico de familia. Coordinador do libro “A comercialización da saúde. O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa”.
- D. José García Buitrón. Cirurxián e Ex-Xerente do C.H.U.A.C.
Aparte de falar da situación da sanidade en Galicia, asistiremos tamén á presentación deste novo libro “A comercialización da saúde. O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa“. Un claro exemplo de todo o que non se debe facer na sanidade pública.

