Documental «Investigación médica: Houston tenemos un problema»

aaff-poster-investigacion-medica-a-coruna-2

A Fundación Salud por Derecho, a Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C e  a Coordinadora AntiPrivatización da Sanidade Pública de A Coruña, en colaboración co Concello de A Coruña, proxectarán o documental ‘Investigación Médica: Houston, tenemos un problema’ en A Coruña o próximo mércores 1 de marzo. A proxección, aberta ao público xeral, terá lugar no Centro Cívico Cidade Vella, dende as  20:00 ata as 21:30 horas. A asistencia é libre.

RESERVA PRAZA NESTE LIGAZÓN:

https://www.eventbrite.es/e/entradas-proyeccion-investigacion-medica-houston-tenemos-un-problema-en-a-coruna-32087600878

Neste documental expertos de todo o mundo falan e analizan os problemas actuais do sistema de innovación, investigación e desenvolvemento de fármacos.

O mundo enfróntase a un grave problema de saúde. A día de hoxe, a falta de acceso a medicamentos esenciais deixou de ser un problema exclusivo de países en vías de desenvolvemento, porén, estes seguen cargando coa maior parte do problema. Os casos da Hepatite C ou dos fármacos máis innovadores para o cancro demostran como o sistema de innovación e desenvolvemento de medicamentos está roto a nivel global.

O DOCUMENTAL QUE NON QUEREN QUE VEXAS:

O reto actual é construír un sistema de I+D e comercialización de fármacos eficiente, sostible e que garanta o acceso aos medicamentos que a poboación necesite a un prezo accesible. O documental analiza este reto e, ademais, ofrece alternativas e solucións.

Participarán na proxección e no posterior coloquio Vanessa López, directora de Salud por Derecho, Xulia Mirón, representante da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A Coruña e Quique Costas, da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C. O evento estará moderado polo xornalista Ricardo Sandoval.

Nos encantaría contar coa vosa asistencia na proxección e a participación no debate posterior, para analizar este problema de saúde que nos afecta a todas e todos e cuxa solución depende, na meirande  parte, da sociedade e os seus gobernos.

Esperámosvos.

16864759_1257871244266300_3800602016966898391_n 16999132_1257871010932990_8497868082846545315_n 17022329_1257871310932960_4529999543266427925_n 17098287_1257871050932986_8839338371077881663_n photo_2017-03-01_23-40-47 photo_2017-03-01_23-40-57

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: