Defendamos os nosos centros de saúde, todos xuntos, cun abrazo simbólico ao centro de saúde do Ventorrillo, recordándolles ós nosos gobernantes, que a sanidade pública é nosa, e non dos especuladores que tratan de facer negocio coa nosa saúde. Acude o día 16 ao centro de saúde do Ventorrillo ás 11 da maña, onde tamén animaremos á participación masiva na manifestación en defensa da sanidade pública o día 19 de Marzo en todalas vilas galegas, e que na Coruña, sairá dende a Casa do Mar ás 20 horas.
¡COA SAÚDE NON SE NEGOCIA!
Deja una respuesta