20 de Xaneiro do 2019

marea 20.01.19

O NOSO COMUNICADO DESTE DOMINGO

Bo día! Como diciamos o mes pasado, durante o nadal fumos felices e comemos perdices, pero chegou xaneiro e voltamos á realidade: o mundo feliz e marabilloso desaparece dos medios e chega a costa de xaneiro. E parece que chega incluso á sanidade pública, pois está peor que o mes pasado e a situación cada día é máis grave, en Galicia e en todo o estado.

Somentes unha breve reseña para radiografiala, nunca mellor dito, e ver como está ferida de morte.

1- O persoal de Atención Primaria de Andalucía, Catalunya, Castela e León, Galicia, A Rioxa ou Toledo están en mobilizacións e folgas, denunciando a falta de medios e mala situación profesional e laboral.

2- Mobilizacións en todo o estado contra as listas de agarda e en contra de como os gobernos de cada CCAA desvían os nosos cartos ás clínicas privadas.

3- A pesares de que o goberno do PSOE anunciou que recuperaba a sanidade universal iso non é certo: as personas inmigradas seguen sin estar cubertas ó 100%, aínda que financian o sistema sanitario público mediante o seu IVE como tódalas personas traballadoras.

4- O persoal profesional e formado marcha do estado polas malas condicións laborais que a sanidade pública lle ofrece. No 2018 aumentou a cifra de profesionais que pediron a certificación para marchar.

Levamos máis de dous anos defendendo unha sanidade 100% pública, denunciando a situación de precariedade laboral do persoal e a falta de medios, e o seu desmantelamento en favor da empresa privada co risco para as nosas vidas que iso supón. A intención da Fiscalía de tomar cartas no asunto das mortes de dúas persoas nas urxencias do CHUS a pasada semana vén darnos a razón: os recortes matan, coma no caso da Estrada ou das persoas afectada pola hepatite C. E Feijóo segue sin tomar medidas e sen darlles importancia ás vidas humans.

Debemos decir alto e claro alí donde nos atopemos que non hai que calar. Que mobilizarse e toma-las rendas das nosas vidas é a única saída que nos deixan. O mundo cada vez se polariza máis e máis, e vemos como as opcións electorais que deron moita esperanza a moita xente se quedan en medias tintas que nos prometen moitos parches pero nunca soluciona-la cuestión clave, que é a lei 15/97 e as que permiten a parasitación do público polo privado. Non é posible a cohabitación deses dous sistemas, pois a lóxica do capital privado é simplemente quedarse con todo, e muxilo ata a morte mentras compense o beneficio. Sobre todo isto e moito máis debemos reflexionar se de verdade queremos defender e recuperar a sanidade que nos dicían que tiñamos.

Dende esta Coordinadora os animamos a que vos unades a nós para loitar por unha sanidade 100% pública, universal e de calidade.

Como dicimos, xa se está a loitar: miles en Vigo, miles en Santiago,… Pero coas forzas divididas polos intereses dos aparatos electorais e sindicais do réxime. Esta Coordinadora di basta: pedimos a todas as forzas políticas, sociais e sindicatos que non dividan máis coas súas medias tintas. Esta loita precisa dun plan conxunto de mobilizacións sostidas no tempo ata que se tumben as políticas criminais destes gobernos e empresarios que nos matan día a día. Non podemos responder con tirachinas e medias tintas electorais cando o que temos en frente son cañóns.

Comentar tamén que a CAS está organizada con outras mareas brancas do estado, e este vindeiro 29 debatiremos con todas elas sobre o MODELO PRIMARISTA do Sistema Nacional de Saúde.

A SANIDADE NON SE VENDE: A SANIDADE SE DEFENDE!

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: