Por coincidir en semana santa, trasladamos as maresa brancas deste mes ao vindeiro fin de semana.
O sábado 22 a Marea Branca de Pontevedra convoca concentración na Praza da Peregrina ás 12:30 horas, e nós a convacamos para o domingo 23 na Praza do Obelisco en A Coruña á mesma hora.
Voltamos á rúa de novo para esixir que se deteña o desmantelamento da nosa sanidade pública, que se deteña o reparto dos noso orzamentos cara o sector privado e convertir a nosa saúde nun negocio.
Esiximos aos nosos gobernantes que se aumenten as plantillas de persoal, tanto de doutoras, enfermeiras, auxiliares, persoal de mantemento, etc. e mellorar os ratios e os tempos de agarda.
Non podemos permitir que no seculo XXI e con falta de persoal técnico, se destinen 650.000€ na contratación de cregos, estando como estamos nun estado aconfesional, e cando o que necesitan e demandan as pacientes é mais persoal e menos espera para recibir atención médica.
Estanse a despilfarrar os nosos cartos en aparellos tecnolóxicos como tablets, destinados ás pacientes nas urxencias, cun suposto motivo humanizador, cando permanecen pechadas plantas deses mesmos hospitais, que é donde tiñan que ser atendidas con dignidade esas persoas.
Elementos que demostran que para os actuais gobernantes, a nosa saúde é unha oportunidade de negocio.
Non o permitades, acudide á concentración, a solución esta nas nosas mans, se inundamos as rúas co noso rexeitamento, gañaremos esta guerra que está a provocar centos de mortos. Mortos como as 316 persoas que cada ano morren en Galicia por suicidio, e moitos outros mais por estar nas listas de agarda ou non poder comprar os seus tratamentos por falla de recursos económicos. O goberno o único que fai ao respecto, é anunciar cada 6 meses que vai facer algo. Actitude incalificable de xerentes carentes de empatía cara o sufrimento alleo.

As pombas uníronse á loita.
Tamén estaremos presentes na IV Asemblea Estatal de Mareas Brancas do estado español, que terá lugar en Madrid o vindeiro sábado 22. Representantes de case todas as comunidades autónomas compartiremos e falaremos da situación en cada un dos territorios a as accións a tomar para os vindeiros meses. Xuntas e xuntos somos mais fortes.
Animamos a participar a tódalas organizacións que teñan como obxectivo a defensa dunha SANIDADE 100% PÚBLICA a unirse a esta loita común, que é de todas e todos.
E o vindeiro 25 de Abril participamos nunha charla organizada pola AVV de Castrillon Urbanización Soto, na que contaremos coa presenza do Doutor Pablo Vaamonde e o Abogado e Químico Miguel Ángel Jiménez.
Eles nos falarán da situación actual e a donde nos queren levar os actuais xestores do SERGAS e o goberno de Núñez Feijoo.
Difunde e acude a informarte. A sanidade pública necesítanos a todas e todos, profesionais e usuarias. So xuntas e xuntos poderemos conseguilo.
Por unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos: A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE.
