
Vilas que participan na Marea Branca en Galicia:
– Pontevedra dia 19 ás 12:30 horas
– Santiago de Compostela día 20 ás 12:30
– A Coruña día 20 ás 12:30
O vindeiro domingo 20 de Novembro chega a 18ª Marea Branca en defensa da nosa sanidade pública. 18 Meses de loita, loita que non cesaremos ata conseguir os nosos obxectivos: unha sanidade 100% pública, universal, gratuíta no momento da prestación e de calidade.
No resto do estado habera actos e concentracións en:
Madrid, Barcelona, Ponferrada, Valencia, Malaga, Granada, Huelva e Salamanca.
A nosa sanidade segue o proceso privatizador cunhas listas de agarda insoportables para a cidadanía. Seguen a producirse colapsos nas urxencias e seguimos sen un plan de prevención do suicidio, os doentes de Hepatite C que están no cárcere seguen sen ter acceso á medicación á que teñen dereito para a súa curación e segue a escaseza de vacinas da meninxite B nas farmacias.
O SERGAS segue sen contestar ás nosas demandas de informes que avalen as derivacións á sanidade privada e segue desprezando ás peticións das usuarias e usuarios negándose a abrir a oficina de atención ás doentes no Hospital Materno Infantil de A Coruña. En definitiva, o silencio é a resposta deste goberno ás peticións da cidadanía. O servizo de cita telefónica non está a funcionar como debeira e, sobre todo a xente maior, ten que voltar ao seu centro de saúde u Hospital para solicitar a cita, ante a dificultade de conseguila por teléfono.
Segue a crecer a Marea Branca Estatal e animamos a tódolos grupos do estado español a que se sumen para que por fin as nosas reivindicacións sexan escoitadas. Xuntas e xuntos somos mais fortes, e como exemplo temos as pasadas mobilizacións masivas de Vigo que forzaron a dimisión da Conselleira de Sanidade, e agora as de Granada que xa tivo como primeiro resultado o cese do responsable da fusión hospitalaria desa cidade.
http://www.noticiasvigo.es/18a-marea-branca-pontevedra-compostela-e-coruna/
Este fin de semana haberá unha nova marea branca en Galicia en defensa da nosa sanidade pública e contra a privatización que está a sufrir, co peche dos nosos hospitais e a derivacion das pacientes cara á sanidade privada.
Nesta ocasión haberá mares en Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña:
Pontevedra: Dia 19 ás 12:30 na Praza da Peregrina.
Compostela: Dia 20 ás 12:30 na Praza do Toural.
A Coruña: Dia 20 ás 12:30 na Praza do Obelisco.
A estas concentracións súmaranse actos e manifestacións que se celebrarán no resto do estado español polos mesmos motivos, e que terán lugar en Barcelona, Ponferrada, Madrid, Salamanca, Granada, Almeria, Huelva, Malaga e Valencia.
Non podemos permitir o deterioro que está a sufrir a asistencia sanitaria, a derivación constante ós centros privados cando temos as nosas instalacións pechadas, cun claro obxectivo de trasbasar o noso orzamento público ás contas de resultados da Alemana Fresenius-Helios (Quirón) e outros entidades privadas.
O gasto en doentes de hepatite C disminuiu case un 70% no periodo Xaneiro-Agosto deste ano, en comparación co mesmo periodo do ano anterior, o que nos convirte nunha das comunidades onde mais baixou esta partida, mentres, moitas doentes estan sen tratamento, como os cidadáns que están nos cárceres.
O Centro Galego da Discapacidade en Compostela, un enorme e moderno edificio rematado hai moitos anos, esmorece polo desuso. A Xunta promete abrilo este ano, pero admite que a súa probable cesión a unha entidade privada aínda non está pechada.
Outro exemplo mais da conversión en negocio de instalacións que pagamos todas e todos. Instalacións que serviron como pelotazo urbanístico no seu momento, pero que a función para o que foi diseñado non preocupa demasiado aos responsables da Xunta de Galicia.
Seguen os colapsos nas urxencias, seguimos sin un plan de prevencion do suicidio cunha media de mais dun morto ao día por este motivo. A merma de persoal provoca constantemente situacións de risco que en calquera momento poden acabar en traxedia, como o denuncia o Movemento Galego da Saúide Mental que dí que no Hospital Nicolas Peña de Vigo queda pola noite un profesional a cargo de 17 enfermos. A resposta da dirección é que si hai problemas que chame ao 061. Parece unha broma de mal gusto. Estase a xogar coa vida e a saúde da cidadanía.
Nalgúns sitios non se sustituen as matronas, sencilla e tranquilamente din que o “SERGAS nunca sustitui as matronas nas vacacións”. Do que non se decatan estos ¿responsables? é que os partos e as complicacións non se van de vacacións.
Non se está a atender como é debido aos doentes de oncoloxía no CHUS de Compostela, como denuncian os nosos compañeiros da Asociación de Pacientes do CHUS.
Segue a escaseza de vacinas nas farmacis, e sigue sen estar no calendario vacunal, cando recentemente tivemos un novo caso de meninxite en Outes.
Seguimos sen ter noticias da información solicitada sobre as listas de agarda ocultas, dos informes que avalen as derivacións á sanidade privada e da oficina de atención ao paciente no Hospital Materno Infantil de A Coruña.
Xa pasou mais dun ano cando a responsable da Subdirección de Atención ao Paciente do CHUAC, a doutora Olveira Lorenzo nos comentara que estaban a formar a unha persoa para ese posto. A oficina sigue pechada, parece unha preparación difícil.
Sobre os informes económicos das derivacións o Consello de Contas de Galicia no seu informe dos anos 2009 ao 2012 dixo:
“El Sergas mantiene contratos irregulares con algunas empresas, que cada centro de gestión integrada elige “con criterios subjetivos” a sus suministradores, que se aplican tarifas distintas que no están apoyadas en una base documental y que se trasladan enfermos a centros concertados que no son de referencia “con perjuicio para el Sergas”. Advierte además que existe una “desproporción” en la actividad por sesiones extraordinarias de hemodiálisis que obedece a “autorizaciones de tratamientos de pacientes con sesiones diarias” con un “notable encarecimiento” para las arcas públicas.La Consellería de Sanidade no dispone de información que permita al organismo fiscalizador diferenciar el coste de los tratamientos realizados con medios públicos y con privados. Tampoco tiene este gabinete de la Xunta estudios que avalen la diferencia. Una “carencia” que, en opinión Contas, “limita la capacidad de gestión y la eficiente prestación” del servicio.”
Moitos maiores seguen a ter un trato non axeitado as súas necesidades como denuncian as súas familias, neste caso na residencia pública de Oleiros. Familiares que virán o domigon a contarnos o que está a suceder nese centro.
En defintiva, segue o desprezo cara a cidadanía que esixe unha sanidade 100 pública, universal, gratuita no momento da prestación, porque xa paga os seus impostos, e de calidade.
Por iso seguiremos a sair á rúa para defender a nosa sanidade. Esta marea branca de indignación está a medrar no resto do estado español e xuntas e xuntos o conseguiremos.



No goberno central asistimos tamén ao nomeamento da nova Ministra de Sanidade D.ª Dolores Monserrat, unha persoal allea ao mundo sanitario e, según información do Ministerio de Hacienda, propietaria dunha empresa con importantes deudas fiscais. A responsabilidade e a solidaridade fiscal parecen non ser cualidades da nova ministra, e nos tememos que siga avanzando polo camiño de desmantelamente e privatización da sanidade pública. O sector privado xa está a presionala para que siga o camiño de desmantelamento do sector público para poñelo en mans das multinacionais do sector.
E o seguinte paso privatizador serán as Unidades de Xestión Clínica. Aquí tedes un video que explica en qué consiste esta reforma.
Por si todo isto fora pouco, este mes pasado asistimos á firma do tratado de libre comerzo CETA entre a Unión Europea e Canadá, un tratado que pon en perigo a democracia mesma e a garantía dunha sanidade de calidade para todas e todos. No seguinte video poderes comprobar as consecuencias que terá en todos os ámbitos das nosas vidas.
As garantías que temos para o noso medio ambiente, para os nosos alimentos e para as nosas mediciñas baixarán de nivel e penetrarán no pais productos de inferior calidade que porán en risco a nosa saúde.
Suporá tamén o control lexislativo por parte das multinacionais que poderán denunciar legalmente calquera medida lexislativa de calquera adeministración que poña en risco os beneficios presentes ou futuros destas empresas multinacionais.
A parte disto, dentro do ámbito sanitario suporá a blindaxe dos concertos sanitarios co sector privado e o fín dunha sanidade pública como a coñecimos.
Este tratado, ainda que entrará en vigor parcialmente, terá que ser ratificado polo parlamento europeo e os parlamentos de tódolos estados da Unión Europea.
Recentemente asistimos a unha votación no parlamento do estado español dunha proposta feita por Podemos e ERC na que se pedía a realización dun referendum sobre este tratado CETA.
O Partido Popular xunto co PSOE e Ciudadanos votaron en contra desta proposta, o que os coloca irremediablemente como defensores deste tratado ao servizo das multinacionais, situación que xa se deu no pasado no parlamento europero onde o PSOE votou a favor, xunto coa dereita europea, de seguir coas negociacións segredas destes tratados.
Temos que frear no parlamento español o voto afirmativo a este tratado, a nosa saúde depende delo.
#NinCeta #NinTTIP #NinTISA
A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!