20 de Agosto do 2017

¡AGOSTO MORTAL CON MENOS CAMAS, MEDIOS E PERSOAL!

Parécenos un titular axeitado para definir a situación. Si na marea anterior falábamos de miles de razóns polo peche de camas, esta vez temos que falar de centos de miles de razóns ante a recente publicación das listas de agarda e que, por desgraza, amosan o camiño de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público. A continuación detallamos algúns gráficos da situación.

 

En canto a intervencións cirúrxicas na EOXI de A Coruña temos un incremento de 727 pacientes no último ano, pasando de 7.184 pacientes en Xuño do 2016 a 7.911 en Xuño diste ano.

 

En canto a intervencións cirúrxicas en Galicia vemos que en Xuño do 2016 tíñamos 34567 doentes en espera e este ano temos 37904, é decir un incremento de 3.337 pacientes.

 

En canto a probas diagnósticas en Galicia tíñamos 73.457 pacientes á espera en Xuño do 2015 e agora hai 85.498, é decir, 12.041 pacientes máis á espera dunha proba. Aínda que houbo unha baixada dende Decembro do ano pasado, podemos ver a progresión ao longo destes 3 ultimos anos, e a tendencia é ir incrementandose para ir dando entrada, pouco a pocuo ao sector privado. Hai unha estratexia clara de ir eliminando medios públicos, e o fan pouco a pouco, pequenas subidas e baixadas, que ata o de agora dan como resultado: máis doentes en espera, menos medios e mantemento dos nosos hospitais e menos persoal.

E polo que respecta a Consultas Externas tíñamos en Xuño do 2016 142.025 pacientes en espera e pasamos a 162.221 pacientes en Xuño deste ano. Un incremento de 20.196 pacientes.

 

Todo isto da como resultado unhas cifras escandalosas de pacientes en espera. Pódese observar o incremento, pouco a pouco, a tendencia de desmontaxe da nosa sanidade. Unha estratexia para botarnos á sanidade privada. O número total de pacientes á espera en Galicia pasan de 244.916 en Xuño do 2015 a 285.623 en Xuño diste ano, que da un incremento de 40.707 pacientes.

A continuación podedes ver a evolucion das consultas co especialista en Galicia. A mayoria das especialidades experimentaron un incremento en relación ao ano pasado.

 

 

 

 

 

Pero todo isto obedece a unha estratexia posta en marcha en todo o estado español e na Unión Europea. E para respostar todas e todos xuntos no estado espñol nos organizamos na Coordinadora Estatal de Mareas Brancas. Na vindeira asamblea, que terá lugar o vindeiro 9 de setembro en Zaragoza, trataremos este e outros temas, coma os curiosos e coincidentes cambios da lexislación sanitaria que xa están anunciados en Galicia, Cataluña e Madrid. Lexislación que en Galicia reduce o número de áreas sanitarias,  trata de garantír a presenza do sector privado nas areas de investigación e educacion, nos orzamentos públicos, así como a degradación dos hospitais comarcais ou o establecemento de organos de participación meramente consultivos e donde non se ten prevista a participación de diversos colectivos sociais ou cidadás.

Xuntas e xuntos todas as comunidades autónomas, xunto cos movementos que a nivel europeo xa se estan a mobilizar, seremos capaces de deter este destrozo que só provocará morte, sufrimento e dor á cidadanía.

Referencias de Prensa:

http://www.entrenosdigital.com/articulo/derechos-humanos/27-marea-branca-na-coruna/20170816122036003915.html

http://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/788065/cientos-miles-razones-regreso-marea-blanca-obelisco

http://cadenaser.com/emisora/2017/08/19/radio_coruna/1503129621_931234.html?ssm=fb 

http://www.21noticias.com/2017/08/a-marea-branca-volta-este-domingo-a-coruna/ 

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/08/17/convocada-concentracion-coruna-privatizacion/1209190.html

ÚNETE Á LOITA!!

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!!

_____________________________________________________________________________________________

REPRODUCIMOS O COMUNICADO DA COORDINADORA DE MAREAS BRANCAS DO ESTADO ESPAÑOL EN APOIO Á ASAMBLEA DE USUARIOS POR LA SANIDAD PUBLICA DEL BIERZO Y LACIANA QUE ESTÁN PECHADOS NO HOSPITAL COMARCAL DEL BIERZO.

#EncierroHospitalBierzo 

 

Anuncios

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: