19 de Xaneiro do 2020

Os mercados ordenan a España a reducción do gasto social en Sanidade, Educación e Pensions  para convertilos en grandes negocios.

A partires dese momento comeza a privatización e o desmantelamento da nosa sanidade pública. As listas de agarda medran dun xeito continuado nun proceso claramente destructivo e organizado. Mais abaixo temos uns gráficos cos últimos datos acumulados ata Xuño do 2019 onde podemos ver o incremento das listas de agarda ata o de agora. E sabemos que nestas listas non están todas as persoas que precisan atención. O Sr. Feijoo e o seu goberno non facilita datos sobre os doentes que non constan en ninguna lista, co que o número de doentes sen atender son moitos máis. Moi posiblemente o 15% da poboación galega sen atender.

PD2

Neste momento xa se recortou en máis dun 20% a media do gasto público por habitante en Sanidade, en referencia ao ano 2009, e estamos a ver como as urxencias hospitalarias estan a colapsar, faltan profesionais, increméntanse os tempos de agarda para os doentes e se maltrata ás nosas profesionais con contratos indignos. Todo co único obxectivo: desmantelar a sanidade pública.

Por todo isto e moito mais, o vindeiro domingo 19 sairemos de novo á rúa en defensa da nosa sanidade, e animamos á toda cidadanía a acompañarnos na defensa da nosa sanidade e entre todas xuntas loitar contra este elemental dereito que pretenden arrebatarnos.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: