Por unha sanidade 100% pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade ____________________________ ASESORAMENTO XURÍDICO Gratuito.
19 de Marzo do 2017
Despois de meses de loita sen descanso e sumando as loitas en paralelo co resto de territorios do estado español, todas e todos sabemos que o modelo neoliberal é un cancro que podemos erradicar xuntas e xuntos, temos que practicar a cirurxia social.
Nestes momentos, é necesario recordar que as fortalezas se nutren dende a lealdade e a confianza, dende as bases e a verdade, por algo moi superior aos intereses de outra índole, estamos a falar da vida e como non podia ser doutro xeito da saúde.
Por todo isto, seguiremos na rúa e chamamos á reflexión colectiva, non se constrúe sen as ferramentas incrustadas no pensamento social e xeneradas dende as bases diversas que forman a sociedade ao completo, non dende os intereses particulares, por moi lexítimos que sexan.
22ª MAREA BRANCA
La Marea Blanca vuelve a la Peregrina en defensa de la sanidad pública
Como cada tercer sábado del mes, la Marea Blanca en defensa de la sanidad pública ha regresado a la plaza de A Peregrina. Resguardados del sol con paraguas, y tras la habitual pancarta contra la privatización, profesionales de la sanidad y activistas se concrentraron en su habitual jornada de protesta. Como portavoz del colectivo actuó este sábado María Beiras, que señaló que la convocatoria de este mes sigue las líneas generales de las 21 anteriores de reivindicación de una sanidad 100% y sin perder de vista su defensa de la necesaria ampliación del Hospital Montecelo y la recuperación de los puestos de trabajo. En relación con la situación actual de la plantilla sanitaria en Pontevedra, María Beiras señaló que se ha visto «seriamente afectada» porque «xubílase xente e estase contratando pouco e mal». Al respecto, denuncia que se hacen contratos a profesionales por una duración de un único fin de semana, por semanas y, en todo caso, «contratos moi precarios».
Esta situación de las contrataciones insiste en que es negativa para los propios profesionales, pero también «incide na saúde en xeral» porque los pacentes están cambiando constantamente de médico, los profesionales no llegan a integrarse en los centros sanitarios y todo «é un problema».
Para conseguir una sanidad 100% pública, universal, de calidad y sin repagos, la Marea Blanca exige la derogación de las leyes 15/1997, a 16/2012, el artículo 90 de la ley General de Sanidad y el artículo 135 de la Constitución.
Voltamos á rúa unha vez mais, e o faremos as veces que faga falla.
O sábado haberá marea branca en Pontevedra, e o domingo tomaremos nós o relevo para extender esta marea branca de indignación contra o desmantelamento da sanidade pública.
Como dixemos antes, o Instituto Nacional de Estadística comunicou que A Coruña é a provincia con mais suicidios de España, exactamente 152 no ano 2015. 316 en toda Galicia. Case un morto diario por este motivo e o gobernó segue sen facer nada para arranxar esta traxedia.
Según o último barómetro sanitario do Ministerio de Sanidade, un 4,4% dos encuestados deixaron de tomar os medicamentos por problemas económicos. É decir, entre 1.600.00 e 2.000.000 persoas en todo o estado español tiveron que elexir entre comer ou medicarse.
Nos enteramos que o 80% do sangue que recolle a Cruz Vermella, a vende as multinacionais farmacéuticas, só o 20% se destina a uso hospitalario. Como decimos sempre nestes casos, dona sempre nun hospital público.
Seguímonos enterando de mais deficiencias na atención sanitaria. Un novo colectivo de fisioterapeutas crease para esixir ao SERGAS que fai falla ampliar o número de profesionais e aumentar e mellorar a asistencia neste ámbito. Como xa é habitual, son contratados por horas ou días, dándose situacións de que ao mesmo paciente o atenden diferentes profesionais, o que según elas repercute na calidade asistencial.
Segue a producirse desabastecemento de vacinas como a do tétanos, difteria, Meninxite e outras. Unha proba mais de que as farmacéuticas poñen mais esmero en fabricar os productos mais rendibles.
Trala xuntanza mantida co Alcalde Xulio Ferriro e o concelleiro Alberto Lema polo motivo da posible creación dun cluster da saúde nesta cidade, obtuvemos o compromiso de que ian reorientar ese proxecto, de xeito que en ningún caso se ia fomentar a privatización da sanidade e que o ámbito asistencial quedaba totalmente afastado deste proxecto. Estaremos atentos a este compromiso.
Ante as escandalosas listas de agarda, e os tempos de agarda para ser atendidos, queremos os nosos hospitais a pleno rendemento, queremos mais medios e mais persoal contratado en condicións dignas, para que poidan desenvolver o seu traballo coa profesionalidade da que son capaces.
Temos que estar vixiantes ao tratado CETA que terá que ser votado no Parlamento Español. Temos que decirlles alto e calro a tódolos partidos que aprobar isto supon poñerse en contra da cidadanía e da democracia, e suporá a blindaxe de tódalas privatizacións feitas na sanidade e no resto dos sectores.
E por último para conseguir unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos, esiximos a derrogación das leis 15/1997, a 16/2012, o artigo 90 da lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución.