19 de Febreiro do 2017

cabecerayfecha

Tres anos para unha proba.

Este foi o último exemplo dun dos despropósitos cada vez máis frecuentes na sanidade pública galega.
Publicáronse as listas de agarda, e como xa nos podíamos imaxinar, houbo un incremento dun 30%. 300.000 galegas e galegos están á espera de ser atendidos. E coma sempre, non queda mais remedio que engadir que faltan as listas ocultas que o SERGAS non publica e que nos fai pensar que son moitas mais as que estan á espera de ser atendidos.

Aqui tedes alguns exemplos:

evolucionlistasesperagalicia

graficoconsultasexternas_galicia

probasdiagnosticasacoruna

 

 

Publicáronse os novos orzamentos para o 2017, neles vemos partidos como as de mais de 197 millons de euros para pagar as derivacións a centros privados, ou  mais de 144 millons de euros para incentivos ao «rendemento». Xa sabedes,  cantas menos probas e menos derivacións a especialistas, pois algúns cobrarán mais. Sen embargo para investigación sanitaria se destina pouco menos de 2 millons de euros. Queda claro que a investigación non é un dos obxectivos de Nuñez Feijoo. ¿Pretende que a financiemos a cidadanía con carreiras populares? Mentres todo isto ocorre, Núñez Feijoo segue a defender aos presuntos responsables das mortes dos enfermos de hepatite C por tardanza na aplicación do tratamento.

photo_2017-02-18_14-53-06

 

 

 

photo_2017-02-19_15-27-47

photo_2017-02-19_15-27-12 photo_2017-02-19_15-27-17 photo_2017-02-19_15-27-26 photo_2017-02-19_15-27-33 photo_2017-02-19_15-27-39 photo_2017-02-19_15-27-44 photo_2017-02-19_15-27-51 photo_2017-02-19_15-27-58 photo_2017-02-19_15-28-03

img-20170218-wa0008 img-20170218-wa0009 img-20170218-wa0010 img-20170218-wa0012 img-20170218-wa0014

photo_2017-02-19_15-27-17

img-20170218-wa0016Recortes en psiquiatría derivan nun suicidio e nunha agresión sexual

O Movemento Galego da Saúde Mental denunciou, a través dun comunicado, o «doloroso dano» que están a provocar «os recortes» en hospitalización psiquiátrica en

MGSMSantiago de Compostela e que derivaron no recente suicidio dunha paciente ingresada e na denuncia, uns días antes, dunha agresión sexual por parte doutra paciente. A asociación lembrou as súas reiteradas chamadas de atención sobre a «deterioración progresiva» da atención á saúde mental en Galicia, causado polos «recortes sanitarios e as formas de xestión sen planificación». Aqui tedes o enlace da denuncia completa DenunciaMGSM

Cluster de Sanidade en A Coruña

Por si tivéramos pouco cos recortes e o desvió de cada vez mais recursos ao sector privado dos orzamentos do SERGAS por parte do goberno do PP, nos atopamos con que o PSOE coruñes, da man de barcon-votoMar Barcón, pretende a creación dun cluster do sector sanitario na nosa cidade, onde interveñan tódolos axentes do sector, tanto públicos como privados, para analizar as carencias sanitarias da area de A Coruña (evidentes tras os recortes e peche de plantas e camas) e subsanalas entre todos. Por suposto, coa intención de dar mais oportunidades ao sector privado.
Por outra banda non nos sorprende. En Andalucía, onde goberna o PSOE, vemos como a sanidade está destrozada e privatizados case todos os servizos. É a comunidade que menos invirte por habitante en gasto sanitario. Se pagan primas aos médicos que derivan menos e se penaliza ou multa a aqueles que receten sen permiso ou deriven mais á especialistas. E nestes últimos meses tivemos a oportunidade de asistir ao intento de desmembrar dous hospitais granadinos, que finalmente, coa protesta masiva da cidadanía foi paralizado.

Non queremos que os orzamentos públicos se destinen a favorecer negocios privados, e menos con cartos dunha entidade que non ten competencias en sanidade.
Tanto esta Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Publica de A Coruña como a Asociacion en Defensa da Sanidade Publica de Galicia temos rexeitado este proxecto que afonda máis na privatización do sistema sanitario público. Esta coordinadora estará sempre enfronte de calquera organizacion social ou política que se poña ao lado desta iniciativa perxudicial para os intereses xerais da cidadanía. Tódos aqueles que non se manifesten claramente contra estre proxecto, se poñen do lado da privatización da sanidade pública.

Queremos os nosos hospitais públicos a pleno rendemento, abertas tódalas plantas e contratado todo o persoal necesario para acabar coas moitas mais de 300.000 galegas e galegos que estan á espera dun acto médico.

Por todo isto e moito mais, acude á 21ª MAREA BRANCA, unha marea branca que crece por todo o estado español, á que se acaban de sumar as comunidades de Baleares e Canarias. Xa somos mais. Acude e difunde. Defende a túa sanidade, porque se non o pagaremos caro.

a3mareablancacorunapontevedrafina_640l
21ª MAREA BRANCA

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!

 

MARCHAS DA DIGNIDADE

E por suposto, o 25 de Febreiro estaremos coas marchas da dignidade PORQUE
COAS NOSAS PENSIONS NON SE NEGOCIA !!!!

En defesa das pensións e dos servizos públicos 

marchas-25-servizos
MARCHAS DA DIGNIDADE

 

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: