18 de Xuño do 2017

25ª MAREA BRANCA

Un domingo mais saímos á rúa en defensa da nosa sanidade pública. E unha vez mais, e un verano mais, o goberno de Núñez Feijoo quere pechar ata un 20% das camas dos nosos hospitais mentres temos mais de 300.000 galegas e galegos á espera de ser atendidos. E dentro destas cifras temos a case 36.000 galegas e galegos que están á espera dunha intervención cirúrxica. ¿E se pechan camas? E estamos seguros de que serán moitas mais as camas pechadas, como xa ocurreu outros veranos. Ao final, unha parte de esas camas pechadas xa non volven a estar operativas. O obxectivo é claro: desmantelar e ir pechando as instalacións públicas para ir aumentando, ano a ano, as derivacións a centros privados. O resultado final é que pagaremos todas e todos moito mais polo servizo prestado e cunha calidade e unhas garantías  moi inferiores ao servizo prestado nun sanatorio publico.

Están preparando a sanidade para convertila nun negocio, e coma sempre, a costa da nosa saúde.

E por si fora pouco, o Conselleiro Almuiña nos anuncia un decreto para ampliar as «sinergias de innovación tecnolóxica co noso entorno». Unhos termos que buscan ocultar a conversión da sanidade pública nun negocio para o sector privado.

Non permitamos que nos deriven a centros privados, nos sae a todos mais caro, a atención é inferior en calidade e garantías á prestada nun hospital público, e os nosos orzamentos disminuen para manter os nosos hospitais.
Non permitas que destrocen o que temos. Sae á rua este domingo para defender a nosa sanidade pública.

NON AO PECHE DE CAMAS !!!

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!

 

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: