
O vindeiro domingo 18 sairemos de novo á rúa en defensa da nosa sanidade. Neste ultimo trimestre perdéronse 2 postos de traballo do sector sanitario cada 5 minutos en todo o estado español según datos da Seguridade Social. A escaseza de persoal en centros de saúde ou centros sociais, está provocando cancelación de citas e unha atención deficiente en centros de maiores do SERGAS. Seguen a provocarse colapsos nas urxencias do CHUAC e noutros hospitais de Galicia. As pacientes teñen que esperar horas para poder ser atendidas polos especialistas. Unhas situacións que non paran de producirse ante a desgana e o interese por afundiar a sanidade pública por parte dos actuais xestores do SERGAS.
Temos que sair todos á rúa a defender o que nos estan a roubar. Necesitamos un plan urxente para atender ás mais de 300.000 galegas e galegos que están nas listas de agarda, un plan de prevención do suicidio para evitar a sangría de mais dun morto ao día en Galicia e que parece non importarlle ao goberno de Feijoo.
Siguen derivandos pacientes aos centros privados mentres as nosas instalacións están infrautilizadas, sempre co obxectivo de que multinacionais privadas como Fresenius-Helios se fagan coa nosa sanidade. E non o podemos permitir, temos que decirlle alto e claro a este des-goberno de Feijoo que queremos unha sanidade públícia de calidade e universal e que non imos aceptar que se faga negocio coas nosas vidas.
A solución está nas nosas mans, temos que amosar en tódalas vilas galegas o noso descontento contra este destrozo. Os hospitais e os centros sociais SON NOSOS e é unha obriga do goberno mantelos en condicións dignas, cos medios axeitados e con personal suficiente.
A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!