Porque os motivos saltan á vista, un domingo máis saimos á rúa en defensa dunha sanidade pública que nos están a roubar. Aumentan os concertos cos hospitais privados sen que nos den cifras sobre os supostos aforros de tales derivacións, o que nos leva a confirmar que os concertos están a baleirar os orzamentos públicos en beneficio do sector privado. Ante a nosa petición de información ao respecto, a resposta dun suposto órgano de transparencia da Xunta de Galicia foi a negativa a facilitar a estes datos.
A realidade do goberno de Feijoo ven marcada polos datos. O gráfico que temos debaixo, un de moitos, amosa un aumento constante das listas de agarda en probas diagnósticas.

Esta marea coincide coa 2ª Asemblea estatal de Mareas Brancas, que terá lugar en Madrid o día 17 do presente mes. Nos organizamos para loitar xuntas e xuntos contra o desmantelamento da nosa sanidade. E loitamos para esixir unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e gratuita no momento da prestación.
Neste tempo electoral, esiximos aos nosos futuros gobernantes a derrogación das leis 15/1997, 16/2012, o artigo 135 da Constitución e o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade de 1986, que representa a primeira porta aberta para a privatización da sanidade.
Calquera forza política que teña como obxectivo unha sanidade pública 100% ten que ter como obxectivo estas reformas lexislativas, doutro xeito asisteremos a mera propaganda electoral.
E por suposto esiximoslles tamén un rexeitamento claro e contundente contra os tratados de libre comercio TTIP, TISA e CETA, tratados que pretenden convertir en negocio os nosos servizos sociais e blindar calquera reforma lexislativa que perxudique os beneficios das empresas privadas mediante tribunais privados. Estos tribunais imporán sancións aos estados que perxudiquen as espectativas das empresas do sector privado.
———————————————————————————————————-
A Marea Branca volve concentrarse na Coruña en defensa da sanidade pública
A Coordinadora Anti-Privatización dá Sanidade Pública convoca esta mobilización ás 12.30 horas deste domingo, ante o Obelisco.
A Marea Branca concentrarase este domingo, día 18 de setembro, na Coruña «en defensa da sanidade pública» e en contra da «descapitalización» do sistema a través da derivación de pacientes a centros privados «mentres se pechan as plantas» dos centros públicos.
Como cada terceiro domingo de mes, a Coordinadora Anti Privatización dá Sanidade Pública convocou esta mobilización ás 12,30 horas ante o Obelisco da Coruña.
O colectivo denunciou que, nalgúns casos, «se está a denegar o servizo de ambulancias a pacientes que teñen que facer tratamentos crónicos» e, noutros, insúltase á cidadanía concedendo axudas asistenciais de 10 ou 20 euros mensuais co fin de mellorar as estatísticas».
Así mesmo, criticou que o servizo telefónico de cita previa «non funciona como debería» a pesar de que se lle asignase nun principio «case 2 millóns de euros á empresa contratista». «As persoas maiores teñen que desprazarse ata o centro hospitalario porque non son capaces de arranxar unha cita por teléfono», advirte o colectivo entre outras cuestións.
Un momento de la 48ª Marea Blanca Madrileña en la que estuvimos presentes, con motivo de la 2ª Asamblea Estatal de Mareas Blancas celebrada en esa ciudad el día 17. Un momento en el que se envia un mensaje a la ciudadanía para evitar perder lo que tanto nos costó conseguir.
Lectura do noso manifesto na 48ª Marea Blanca Madrileña.
A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!