APERTURA DA ASEMBLEA 18.06.2018
Ola, bos días a todas e todos por vir. De novo estamos un mes máis concentrándonos para denunciar e visibilizar a situación da nosa sanidade pública.
O pasado 26 de maio as Mareas Brancas de todo o estado xuntáronse en Segovia para aunar forzas e decidir cousas en común para dar unha resposta conxunta á situación da sanidade pública, que difire moi pouco no conxunto do territorio do estado español, dende Catalunya, onde goberna a dereita catalá, ao sur, onde goberna o PSOE, ou como aquí, que goberna a dereita.
O punto forte do debate foron os Centros de Atención Primaria de Saúde (APS). Este punto é moi importante xa que a situación na que se atopan é de emerxencia social, xa que na atención primaria
— A demora na cita alóngase varios días, e aumenta nos periodos estivais, onde resultamos ser atendidas cada vez por unha persoa diferente, esto podo provocar que o/a paciente termine no servizo de urxenza do centro de saúde o do hospital, xenerando colapso ao que estamos habituadas.
–A accesibilidade das persoas ao servizo de saúde cercano ao seu domicilio é peor, a lonxitudinalidade (é dicir, relación médico paciente) non se cumple e a continuidade e coordinación dos procesos de saúde non existen, o que provoca un sistema fracasado.
–As tres excelencias da Atención Primaria, a accesibilidade, a lonxitudinalidade e a continuidade naufragan desta forma.
—E como non podía ser doutra forma, a asignación presupuestaria é ridícula, de tan só o 14,2 %. Non dá para pagar salarios, dos e das profesionais, e non digamos xa de arreglar o mellorar os centros, a inversión en infraestruturas…
En Galiza temos un problema engadido: unha pobocación moi envellecida e dispersa. Os orzamentos da Xunta para deste ano para Atención Primaria son un 13 % do total (moi lonxe do 25 % aconsellado no acordo estatal do proxecto AP-21 de mellora da atención primaria), fronte ao 63 % na Especializada e un 25 % na farmacia, mentras ano tras ano aumentan as partidas destinadas á externalización de servizos, concertos coa sanidade privada.
Outro punto foi Xuntanza que se vai manter o 20 de xuño cos Grupos Políticos do arco parlamentario de PSOE, PODEMOS e EU, para que nos digan a que puntos dos 38 que lles presentamos se comprometen, que nos fagan chegar seu programa con respecto á sanidade pública e que compromiso adquiren, de que manera se blindan eses puntos que acepten…
E denunciar os fondos buitre…….
Invitámosvos a denunciar, a enviarnos un correo coas incidencias das que teñades información dos vosos centros de saúde para crear unha lista a nivel galego e a nivel estado, e facer visible a verdadeira situación que os gobernos ocultan.
MANIFESTO 18.06.2018
O cambio de goberno crea ilusións nunha gran parte da poboación, cara a un cambio de xesto de boa vontade. O goberno de Sánchez, o chaman o feminista, mesmo se fan bromas que agora non será o Consello de Ministros, senón de Ministras. Un xesto cara ao feminismo; e o xesto cara á sanidade témolo na Ministra a Carmen Montón, que foi Conselleira de Sanidade na Generalitat Valenciana.
Claro está que á hora de negociar non é o mesmo un Goberno que está xulgado por «roubar» e que a día de hoxe nega os feitos, corrupto, prepotente e saqueador dos servizos públicos, como a Sanidae, a Educación, os Servizos Sociais, que cun goberno que fai xestos de ser negociador…..
Na Coordinadora Antiprivitación da Sanidade Pública de Coruña, temos combatido con todas as nosas forzas as políticas de privatización e recortes dos gobernos do PP, alegrámomos da caída de M. Rajoy e o Goberno Central. A Saída do goberno, aínda que foi provocada pola moción de censura votada por todo o arco parlamentario, a excepción de Ciudadanos, é froito da mobilización social sobre todo as mulleres e do colectivo pensionista.
Aínda que o PP de Madrid está fóra, nós temos aquí a Feijoo, que cos seus orzamentos do 2018 para o Sergas empeora o sistema sanitario público.
1- Incrementa o gasto destinado á privatización, as partidas destinadas á xestión de conciertos externalizados (limpeza e enerxía), medicamentos e material sanitario.
2- Reduce o gasto en persoal. É menor que a adicada ás partidas privatizadas.
3- Recorta o gasto de Atención Primaria, o que supón peche en verán de máis centros.
4- Aumento do gasto farmacéutico, é Galiza unha das zonas con maior gasto en fármacos e consumo. Este gasto crece nos gastos farmacéutico-hospitalario, debido á acumulación dos novos medicamentos, sempre máis costosos…
5- A privatización crecente e o conseguinte incremento desmesurado do consumo de fármacos e tecnoloxías conséguese a base dunha enorme presión das Multinacionais polo apoio do goberno da Xunta e unha red de conflictos de interese, que asfixian ao sistema e empeoran os hábitos de vida e da saúde da pobocación galega.
O venres fixémonos eco na Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña de que o goberno de Sánchez promete suprimir o decreto 16/2012, a fin de recuperar a universalidade da atención sanitaria. Aplaudimos esta medida, mais queda por ver se se suprimirán todas as medidas que introduciu este decreto, como os repagos. Ademais, cómpre lembrar que, se ben é un xesto de humanidade, o verdadeiro problema de fondo no desmantelamento da sanidade pública é a lexislación que permite a privatización dos servizos sanitarios, e que foi en gran parte aprobada polo PSOE de Zapatero co apoio do PP: a reforma do artigo 135 da Constitución (que establece que todo gasto social está supeditado ao pago da débeda) e a lei 15/97.
Por iso, rearfimamos os nosos obxetivos de que «goberne quen goberne, a sanidade deféndese»; por iso estamos de novo na rúa, como vimos facendo todos os terceiros domingos de cada mes, esixindo a derrogación de todas as medidas adoptadas no decreto16/2012, así como a derrogación da lei 15/97, e o artigo 135 da Constitución.