Porque seguimos a ter motivos para saír á rúa, o vindeiro domingo 17 de Xullo voltamos á rúa en defensa da nosa sanidade.
Porque 1.200 camas pecharán este verán, se pecharán ambulatorios e algúns servizos de RX nalgúns concellos e bloquearánse as axendas como tódolos anos o que provocará un incremento das listas de agarda con mais de 300.000 galegas e galegos á espera dunha consulta, proba ou intervención cirúrxica.
Porque somos a comunidade coa tasa de suicidios mais alta do estado español, e o goberno galego non ten ningún plan para evitalo.
Pero nesta marea xuntarémonos tódalas mareas do estado español para decirlle alto e craro aos gobernos de Feijoo e Rajoy que queremos unha sanidade 100% pública, de calidade e universal, e por suposto, gratuita no momento da prestación.
Comenzamos tamén unha campaña de petición de información diante do organismo de transparencia da Xunta de Galicia sobre situación da nosa sanidade, os diversos informes técnicos que avalan as decisións que se están a tomar, situación das listas de agarda, contratos coas concesionarias, etc. Como cidadáns temos dereito a ter acceso á información pública das nosas institucións e comprobar que os nosos recursos estan a ser xestionados de xeito racional.
Isto forma parte da campaña a nivel estatal que a Marea Branca Estatal leva en todo o estado español.

Nesta ocasión contaremos coa presenza de representantes da Asociacion ANDADE, asociación integrada por doentes amputados.
Falarannos de como está a situación sanitaria neste campo, e cómo os gobernos de Rajoy e Feijoo están a recortar o gasto en prótesis para os doentes, convertíndonos en un dos paises co presuposto mais baixo de toda a unión europea.

E por suposto, voltamos á esixir a tódolos partidos políticos o compromiso para derrogar as leis 15/1997, 16/2012, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución. E por suposto esixímoslles tamén un rexeitamento craro aos tratados de libre comercio TTIP, TISA e CETA.
Animamos a tódalas organizacións políticas e sociais, comprometidas coa defensa dunha sanidade 100% pública e a toda a cidadanía, a participar nesta concentración. A nosa sanidade está en perigo. Queren convertir a nosa saúde nun negocio e non o podemos permitir. Acude e denuncia o teu caso. Xuntas e xuntos poderemos conseguilo.
A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!