Marea Branca en Pontevedra e A Coruña contra o desmantelamento da nosa sanidade pública e contra o antreproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia. Non podemos permitr a presenza do sector privado na nosa sanidade a costa dos nosos orzamentos.
Unha vez mais Pontevedra e A Coruña xuntas en defensa da nosa sanidade. Contra a precariedade dos nosos profesionais. Traballan en condicións indginas, con falta de material e total desprezo por parte da xerencia do Sergas que non atenden as súas peticións.
Só unha sanidade 100% pública pode garantirnos unha atención digna e de calidade. Cando os beneficios entran polas fiestras, a saúde sae pola porta. Non o permitamos ou nos costará caro.
Os contaremos o falado na ultima Asamblea Estatal de Mareas Brancas do Estado. A situación en todos os territorios é a mesma. Existe un guión exacto de destrozo dos sistemas sanitarios públicos, e todos camiñan polos mesmos recortes, as mesmas carencias, o mesmo dolor e sufrimento, e en moitos casos, as mesmas mortes.
Os compañeiros da comarca Bierzo e Laciana tamén farán concentracíon o venres día 15 diante do Hospital Comarcal do Bierzo polos mesmos motivos que se están a dar en todo o estado. Dende aquí enviamos forza e ánimo a este exemplo de dura loita.
E aqui tedes a concentración do día 15 no Hospital Comarcal do Bierzo
A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!!
#PrivatizacionSanidad #28ªMareaBranca