17 de Decembro do 2017

​La Xunta aprueba en pleno puente de diciembre la reforma que reduce las áreas sanitarias

Por desgraza seguimos a ter motivos para unha nova Marea: A Trixésima Marea Branca. Nesta ocasión o goberno de Núñez Feijoo,  aproveitando unha longa ponte festiva, con nocturnidade e alevosía, unha vella táctica para tratar de ocultar esta infamia o mais posible, aprobou o pasado xoves para a súa remisión ao Parlamento, a reforma que «actualiza» a Lei Galega de Saúde do 2008. Unha reforma que fai oidos sordos á cidadanía tras as multiples protestas que se produxeron por este motiovo. Temos un goberno indolente que non escoita nin aos doentes nin ás profesionais, que camiña firme para defender as pretensións das multinacionais que se queren facer cos nosos orzamentos e coa nosa sanidade pública.

Temos que impedilo por tódolos medios posibles. E por isto,  volvemos a facer un chamamento á unidade de todas e todos, profesionais, usuarias e organizacións políticas, sociais e sindicais, para deter a este goberno destructor da nosa sanidade.

Acude á Marea Branca en A Coruña ou Pontevedra. Fai pública a túa situación, presenta reclamción ou denuncia. Non podemos permitir que nos teñan nos pasillos mentres están pechadas as plantas dos nosos hospitais.

Nos remitimos ao comunicado que xa fixemos anteriormente cando supemos desta iniciativa.

Ante a publicación do ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SE MODIFICA A LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA, esta Coordinadora manifesta o seguinte:
Rexeitamos taxántemente este anteproxecto que significa un paso atrás no progreso e millora do sistema sanitario público, e avanza na privatización do mesmo.
Este anteproxecto supón a eliminación de 4 áreas sanitarias e a creación de distritos cun claro obxectivo de proseguir no desmantelamento dos hospitais comarcais, e onde a atención primaria segue sen ter a importancia que debería no ámbito asistencial.
Asimesmo se “garante” definitivamente a participación do sector privado nos ámbito da investigación e a educación con axuda dos orzamentos públicos. Consideramos que os ámbitos da saúde e da sanidade deben quedar afastados da especulación e da persecución de calquera beneficio que non sexa a millora da saúde da cidadanía, e que os progresos das futuras investigación repercutan exclusivamente nas institucións públicas, e en definitiva, en toda a cidadanía.
Condenamos tamén a reorganización da participación dos consellos de saúde, que seguen a ser meros órganos consultivos sen ningún poder executivo, formados polos concellos, sindicatos, organización empresariais e asociación de pacientes, pero quedando fora deles as asociacións veciñais, cidadás e de calquera outro tipo que loiten pola millora do noso sistema sanitario público.
Pero este anteproxecto non é un feito aillado. Ao mesmo tempo que o goberno de Feijoo o promove, nas Comunidades Autónomas de Madrid e Cataluña propoñense similares modificacións dos seus sistemas sanitarias, á vez que no Congreso dos Deputados, e en breves datas no Senado, se adaptará a lexislación española ás normativas europeas 2014/23/UE y 2014/24/UE para garantir e avanzar no proceso privatizador dos sistemas de saúde. Ao mesmo tempo a CEOE lanza a campaña “Pacto por la defensa de la Sanidad Privada” co obxectivo de e entrar por fín a facer negocio coa nosa saúde e cos orzamentos públicos.
Como se ve, mentres os medios de comunicación nos entreteñen con mentiras e distraccións, os gobernos da dereita levan a cabo pouco a pouco, ás nosas costas, con nocturnidade e alevosía, o dictamen das multinacionais para converter os sistemas de saúde en beneficios para estas empresas.
Iste é un tema moi grave que trataremos na vindeira xuntanza de todas as mareas brancas do estado, ás que invitamos a tódalas organización de defensa da sanidade pública, para establecer unha estratexia conxunta e evitar a privatización da nosa sanidade pública.
Neste mesmo sentido estaremos atentos en Galicia a que a recien creada axencia A.D.O.S., que se encargará da xestión das doazóns de sangue e órganos, non sexa o xermen estructural para un posible e futuro traspaso á xestión privada.
Nos tememos que así será, pero non nos importará recoñecer no seu momento, si non fora asi, que estabamos equivocados. Non queremos que se faga negocio coa nosa sangue e o noso diñeiro.
En defintivia, nos unimos ás críticas do resto dos colectivos que xa se pronunciaron ao respecto, e rexeitamos taxantemente este anteproxecto. Un anteproxceto que avanza na privatización da sanidade pública, polo que facemos un chamamento á cidadanía a defender unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos, porque é a única que pode garantir unha atención de calidade e digna para todas e todos.“-31

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: