16 de Xuño do 2019

48 marea branca

Como cada terceiro domingo de mes, saímos á rúa. Chega o periodo estival e de novo pechan máis camas, Almuíña di que isto non afectará á atención aos usuarios/as, porque segundo el, neste periodo baixa a actividade: o Conselleiro é adivino sabe de antemán cando a xente vai enfermar e cando non. Hai que ser parvo e pensar que, dito isto, imos estar caladas.

Esperámosvos este domingo: falaremos dos transplantes e a súa privatización, do agallaso de Amancio Ortega e da cesión das instalacións públicas, hospitais, centros de saúde, ambulatorios… para a utilización de médicos e médicas privadas.

Esperámosvos!

A sanidade non se vende, deféndese!


Na Marea Branca do domingo pasado contamos co apoio de compañeiros/as de Alcoa, Isowatt contra os despidos e A Patiña en Loita por unha vivenda digna. Este é un exemplo do camiño de unidade das loitas, que desde a Coordinadora levamos defendendo desde a súa constitución. A sanidade pública e un dos piares da calidade de vida da poboación, da que o emprego e as condicións de traballo dignas e a vivenda son outros dos piares. A unidade das loitas fai parte do rexeitamento das políticas de recortes dos gobernos. Desde aquí queremos agradecer as é ós compañeiros o seu apoio, cos que profundaremos o camiño da unidade nas loitas.

Aquí o video que Rebelión Alunimio fixo da Marea.

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: