16 de Xullo do 2017

¿Temos motivos para continuar coa Marea Branca?

Aqui temos algúns:

  • 20% (1.700) de camas pechadas en toda Galicia durante o verán mentres hai mais de 300.000 galegas e galegos esperando a ser atendidos.
  • Peche de 140 camas no HUAC e 50 no Hospital Abente y Lago de A Coruña.
  • Peche da planta de cuidados paliativos do HULA en Lugo, enviando a moitos enfermos para súa casa e reubicando outros noutras plantas, colapsando a de Xeriatría.
  • Peche da planta de medicina interna no HULA.
  • Peche da planta de medicina interna do Gil Casares de Santiago.
  • Peche da planta de medicina interna do Hospital Provincial de Santiago.
  • Eliminación de pediatras nos concellos de Lobios, Bande, Entrimo, Muíños e Lobeira da provincia de Ourense.
  • Eliminación de pediatra no concello de Chantada (Lugo).
  • Falta de ambulancias en moitas zonas de Galicia.
  • Seguen a producirse colapsos nos nosos hospitais.
  • Bloqueos das axendas dos facultatiivos.
  • Falta de persoal, emprego precario e contratos ilegais, según dictaminou a xustiza da Comunidade Europea,  para as nosas profesionais.
  • Ningún plan para prevenir a morte de mais dunha persoa ao día por suicidio.
26ª MAREA BRANCA

Todo isto provoca un aumento constante das listas de agarda e unha perda de calidade na atención sanitaria. Precisamente hoxe chamounos unha muller queixándose de que a súa nai tiña que ser atendida en Abril , según indicación do especialista, e ainda nin a chamaron.

As listas de espera do mes de Xuño xa tiñan que estar publicadas, pero non as temos. Nos imaxinamos o peor ante o retraso e a nula referencia informativa sobre estes datos tan importantes.

Temos que sair á rúa e paralizare entre todas e todos este destrozo da nosa sanidade que só persigue convertila nun negocio para o sector privado.

Mentres todo isto ocurre, o Sr. Feijoo recibe premios deste sector privado pola súa ¿boa? xestión sanitaria. Sería para reir si non fora tráxico pola dor e sufrimento que estan a provocar as súas políticas.

Por todo isto e moito mais, porque mañana pode tocarche a ti, porque pagamos os nosos impostos para ter unha sanidade digna e porque queremos unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos, acude a A Coruña este fin de semana a decirlle a Feijoo alto e claro que non estamos dacordo coa súa política de desmantelamento da sanidade pública.

ACUDE E DIFUNDE, A SANIDADE ESTA EN XOGO.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!! 

 

La 26ª Marea Blanca denuncia en A Coruña que este verano será “uno de los años” con más cierres de camas en el Sergas

La 26ª Marcha Blanca denuncia en A Coruña que este verano será “uno de los años” con más cierres de camas en el Sergas

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Jul. (EUROPA PRESS) – La 26ª Marea Blanca ha vuelto a las calles de A Coruña para denunciar el problema “de todos los años”: el cierre de camas en los servicios hospitalarios del Sergas, que este año, según la plataforma, alcanza uno de sus más altos niveles. Varias decenas de personas se han concentrado este domingo en el Obelisco de la ciudad herculina, donde también han criticado que la Xerencia de A Coruña decida realizar obras en la rotonda de acceso …

Leer mas: http://www.europapress.es/galicia/noticia-26-marcha-blanca-denuncia-coruna-verano-sera-anos-mas-cierres-camas-sergas-20170716194711.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.

Noticia recogida en 20 Minutos: http://www.20minutos.es/noticia/3092437/0/26-marcha-blanca-denuncia-coruna-que-este-verano-sera-uno-anos-con-mas-cierres-camas-sergas/   

Si non queremos que a nosa sanidade acabe como a británica, como di este cidadán, temos que loitar todas e todos xuntos.

 

Anuncios

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: