«10 MESES PARA UNHA ECOGRAFÍA EN A CORUÑA» Esta é a situación da sanidade na área de A Coruña. Os recortes de persoal e medios é a constante do sistema galego de saúde, que con máis de 300.000 galegas e galegos en listas de espera, parece importarlle ben pouco ao goberno de Núñez Feijoo. Pronto sairán as listas de agarda correspondentes ao mes de decembro. Neses datos deberían incluirse os das listas non estructurais (pacientes que non queren ir a un hospital privado), pero nos tememos que non será así. E unha vez mais serán datos maquillados para ocultar a dura realidade da nosa sanidade.
Recordemos os datos de mortandade nun centro sanitario privado en relación aos centros públicos: Incremento dun 2% en adultos, un 8,% en enfermos crónicos e un 9,5% en recen nados.

Aproveitamos para recordar que este més terá lugar en Barcelona a 3ª Asemblea estatal de Mareas Brancas, á que asistiremos, e onde, unha vez mais, compartiremos datos e experiencias, situación en cada territorio, accións conxuntas de cara ao 7 de Abril co gallo do día europeo contra a mercantilización da saúde, e expansión da loita por todo o estado. Animamos a tódolos colectivos interesados na defensa da sanidade pública a acudir a estes encontros estatais para fortalecer a loita. Xuntas e xuntos o podemos conseguir.
Manifesto da 20ª Marea Branca

Recordemos algúns dos servizos privatizados en Galicia:
- Servizo de ambulancias
- Historia clínica electrónica (Ianus): concedida a Indra (xestiona os datos sanitarios da poboación).
- Telecomunicacións, cedidas a Telefónica.
- A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora
- O teléfono de cita previa, tamén en mans de Netaccede.
- O servizo de subministro e loxística cedido a Severiano Servicio Móvil
- O mantemento dos equipos sanitarios adxudicado á Ibérica de Mantenimiento SA.
- A xestion da limpeza e enerxía entregada ao Grupo Norte
- O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE e imputado no caso Bankia).
- Os servizos de protección radiolóxica cedidos a General Electric, empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade.
- As contratacións públicas do Sergas. Transferidas a Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que xestionan tamén a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica.
O negocio e o beneficio son as máximas do goberno de Nuñez Feijoo e non o podemos permitir. Súmate á loita, reclama, esixe os teus dereitos como cidadán que paga os seus impostos. Non permitas que che deixen nun pasillo durante horas ou días, denúncialo. Contacta con nós e axudarémoste.