Porque seguimos tendo motivos para saír á rua, o domingo 15 de Novembro volta a Marea Branca á Coruña e Santiago. O desmantelamento progresivo da nosa sanidade, a falta da vacina da meninxite B que provocou a morte dun novo inocente, a do tétanos, a pentavalente e a da tosferina, os colapsos continuados das urxencias que seguen a provocar o sufrimento dos doentes que se achegan a ese servizo, a contratación irracional de persoal por horas ou dias, etc. son indicadores de que o noso sistema o están a destruir.
Mentres seguen pechadas camas nos centros públicos, ábrense novas instalacións en hospitais privados que se frotan as mans ante o negocio que o noso goberno lles está brindando coas derivacións e concertos.
Según o último informe da OCDE o gasto capital en sanidad (construcción de hospitais, centros de saúde, equipamento, investigación ou innovación) caeu á mitade do que tíñamos en 2005. De 2380 millóns de euros, pasamos a 1405 millons. O gasto sanitario segue caendo dende 2009 e afloran datos como o do número de enfermeiras por cada 1000 habitantes que nos sitúa á cola dos paises da OCDE, no posto 33.
Según os datos aportados polo Consello Económico e Social, a nosa comunidade foi a que mas recortou o presuposto sanitario por habitante en 2015 cun recorte do 10,37%. Só outra comunidade, a de Aragón, reduxo o presuposto nun 0,30%, o resto das comunidades o incrementaron.
Dende aqui animamos e felicitamos aos compañeiros que loitan en Vigo polos logros conseguidos ata o de agora, e que o domingo farán unha marcha ata o Hospital Alvaro Cunqueiro na defensa da sanidade pública e por un hospital 100% público. O Domingo berraremos con eles que a sanidade é nosa e que non imos permitir que coa nosa sáude se faga negocio.
A loita é o unico camiño, só así conseguiremos ter unha sanidade pública, universal, gratuita e de calidade.
Reiteramos a petición ás forzas políticas para que se comprometan a derogar as Leis 15/1997, a 16/2012, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución. Só así estará garantida unha sanidade 100% pública.
¡¡A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!
Domingo 15 de Novembro ás 12:30 da mañá:
A Coruña: ……………………. Praza do Obelisco
Pontevedra: ………………… Praza da Peregrina
Santiago de Compostela … Praza do Toural