37.ª Marea Branca

Voltamos á rúa o próximo domingo día 15, ás 12.30 no Obelisco! Que fan os concellos ante a medida de quitar pediatras no verán de moitas cidades, vilas e pobos de Galicia? Esta medida que afecta á veciñanza, non é responsabilidade dos gobernos dos concellos? Isto vén pasando dende hai moitos anos en Galicia e,... Seguir leyendo →

Anuncios

Concentración de SOS Sanidade Pública, 13 de xuño

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña apoia todas as mobilizacións en defensa da sanidade pública; consideramos que todo o que se faga nese camiño é pouco diante dos ataques que se veñen cara o seu desmantelamento e destrucción. Neste sentido apoiamos a convocatoria de SOS Sanidade de mañá, mas consideramos tamén que hai... Seguir leyendo →

36.ª Marea Branca

Este domingo, coma todos os terceiros domingos de cada mes, voltamos ao Obelisco en A Coruña. E se estades en Pontevedra, non esquezades acudir o sábado 16 á Praza da Peregrina! Alí vos esperamos con todas as nosas novas!

Goberne quen goberne, a Sanidade non se vende

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A Coruña (CAS) temos combatido con todas as nosas forzas as políticas de privatización e recortes dos gobernos do PP, a alegrámonos da caída de M. Rajoy e o goberno central. A saída do goberno, aínda que foi provocada pola moción de censura votada por todo o arco... Seguir leyendo →

PRIVATIZACIÓN, LISTAS DE AGARDA E BAREMO SANITARIO, ÚTILES EXPLOSIVOS

Hoxe queremos compartir con vós un artigo elaborado pola Mesa en Defensa da Sanidade Pública de Madrid, que explica con gran detalle os cambios que se aveciñan en relación á privatización e ao baremo sanitario, condicións que se están preparando con máis ben pouca publicidade (por dicilo con suavidade). Ao final do texto apórtase unha... Seguir leyendo →

A Coordinadora saúda a loita das traballadoras/es do Hospital de Monforte

Rematou a folga do Hospital de Monforte, tras tres semanas de loita, e aínda que non se conquistaron todas as súas reivindicacións, rachouse a dinámica que viñan mantendo desde o Sergas e Xunta de recortes no cadro de persoal, durante anos, e afondar eses recortes en aplicación da Lei de Sanidade recentemente aprobada. Conseguiron a... Seguir leyendo →

35.ª Marea Branca

Como todos os terceiros fins de semana de cada mes, vémonos o día 19 ás 12.30 na Praza da Peregrina se estás en Pontevedra, e o día 20 ás 12.30 no Obelisco se estás en A Coruña!

Manifestación 1 de maio

Comunicado pola manifestación do 1 de maio, Día da Clase Traballadora A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña chama a participar nas manifestacións deste 1º de maio, Día da Clase Traballadora. Os grandes prexudicados dos recortes e as privatizacións dos servizos públicos son fundamentalmente as persoas da clase traballadora, tanto como empregados e empregadas... Seguir leyendo →

34.ª Marea Branca

Actualizamos o noso cartel da Marea Branca para incluír a data correcta en Pontevedra, que será este sábado día 21, na Praza da Peregrina ás 12.30. Non vola perdades! A SANIDADE NON SE VENDE, A SANIDADE SE DEFENDE!

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: