34.ª Marea Branca

Actualizamos o noso cartel da Marea Branca para incluír a data correcta en Pontevedra, que será este sábado día 21, na Praza da Peregrina ás 12.30. Non vola perdades! A SANIDADE NON SE VENDE, A SANIDADE SE DEFENDE!

Anuncios

Apoio á manifestación na área sanitaria de Vigo

Desde a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública apoiamos a manifestación convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo para o vindeiro 12 de abril na defensa dos servizos públicos 100%, contra as listas de espera, contra a masificación en atención primaria e os colaspsos en urxencias. Fai case tres anos da manifestación que... Seguir leyendo →

7 de abril, Día Mundial da Saúde

Sumámonos ao Día Mundial da Saúde, que no seu lema deste ano apunta correctamente que “Saúde é todo”, con intención de lembrar non só ao sistema sanitario, senón a unha multitude de factores que os rodean, que se coñecen como determinantes da saúde e que está demostrado que teñen incidencia directa na saúde das persoas,... Seguir leyendo →

33.ª MAREA BRANCA (¡SÁBADO DÍA 17!)

ATENCIÓN: a 33.ª Marea Branca, prevista para o domingo 18 de marzo, súmase nesta ocasión á convocatoria de concentración organizada por MODEPEN, o Movemento pola Defensa das Pensións, que terá lugar o sábado día 17 ás 12.00 no Obelisco, e está convocada en todo o Estado. Por tanto, este mes excepcionalmente, chamámosvos a acudir connosco... Seguir leyendo →

Mulleres e pensionistas defenden a súa saúde

En coordinación coas Mareas Brancas estatais, emitimos este comunicado en apoio ás mobilizacións dos días 8 e 17. Mulleres e Pensionistas defenden a súa Saúde A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública facemos patente unha vez máis a nosa coherencia coa defensa da saúde e a sanidade públicas, sumándonos con intensidade proactiva ás convocatorias do 8... Seguir leyendo →

3.ª Marcha do persoal precario

Actualización: buses para asistir á manifestación da 3.ª Marcha do persoal precario do día 16 Teléfonos Vigo: 604009337 Saída 8:20 Cunqueiro e Meixoeiro Ourense : 604009372//636990352 - Saída 8:20 do CHUO Pontevedra: 639857238 - Saída desde o pabillón de deportes ás 9:00h A Coruña 9:00 CHUAC 606146451//606215697 A Coordinadora apoia e súmase á 3.ª Marcha... Seguir leyendo →

Textos da presentación e manifesto da 32.ª Marea Branca en A Coruña

Xa que onte atopámonos cun gran evento deportivo xusto no Obelisco, limos a presentación e o manifesto coma sempre, mais deixámolos aquí por escrito por se alguén non oíu ou entendeu todo. Engadimos tamén pequenas aclaracións en cursiva. No futuro consultaremos o calendario de actividades do concello de A Coruña e, de ser preciso, informarémosvos... Seguir leyendo →

As empresas de sanidade privada, directamente no goberno

Recollemos a información da que se fai eco a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, publicada no BOE do día 14 de febreiro de 2018, que establece a nova composición do Consello Asesor de Sanidade nomeado pola ministra Dolors Monsterrat. O consello consta de 42 membros, dos que 21 son nombramentos novos... Seguir leyendo →

32.ª MAREA BRANCA

Chegamos este mes á rúa coa 32.ª Marea Branca. O momento dende logo non é o máis sinxelo, mais continuamos na loita. A pesar do multitudinario rexeitamento na rúa, das mobilizacións convocadas polas diversas áreas sanitarias dende o verán, da manifestación convocada por diversas asociacións e plataformas de pacientes e profesionais o 18 de novembro... Seguir leyendo →

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: