A difícil situación do persoal laboral destes centros pon en perigo, tanto a saúde destes mesmos traballadores, como a seguridade dos internos.
Este persoal laboral que traballa a quendas, e que representa o 90% do total dos traballadores, fai demasiadas xornadas seguidas sen apenas descanso, incumprindo a súa lexislación laboral, que no seu articulo 19 di, que os traballadores disporán dun descanso semanal de 2 días ininterrompidos.
A realidade é que traballan ata 7 días seguidos, logo volven a traballar 5 e descansan 1 e de novo 4 ou 5 e descansan 1.
Outro problema engadido é que estes centros albergan a grandes dependentes con escaso persoal, xa que non se cobren as baixas nin as vacacións. A falta de persoal e a falta de descanso é unha mestura explosiva que provoca moitos accidentes, lesións por fatiga e baixas por estres e depresión. O resultado é unha atención deficiente aos residentes, moi ao seu pesar do persoal, que provoca moitas situacións de perigo.
Xeralmente a dirección dos centros non avisa ao persoal da existencia de residentes con patoloxías infecciosas, co conseguinte risco para a saúde dos traballadores e o resto dos internos.
As instalacións destes centros públicos son obsoletas, faltas de equipamento ou con este en moi mal estado, e na maioría dos casos de moi mala calidade. Un exemplo son os guantes e as mascarillas que se rompen con facilidade. Incluso existen departamentos nos que a ventilación é inexistente.
Os responsables dos centros presionan ós traballadores para que se faga o traballo coa menor cantidade posible de persoal.
Nestes centros, ademais dos residentes de idade avanzada, chegan residentes por imposición xudicial con problemas psiquiátricos graves, para os que estas instalacións non están preparadas, ao igual que o persoal que traballa nelas.
Ante esta situación, os traballadores levan gañadas 2 sentencias declarativas do TSXG e outra no TS, na que se confirma que non transcorren as 60 horas de descanso entre a saída da quenda de noite e a seguinte quenda.
Prodúcense por tanto, solapamento de xornada entre as horas de descanso e os cambios de quenda.
Todo isto produce unha situación de presión constante sobre os traballadores destes centros, que lles impide facer o seu traballo con normalidade. E si engadimos que o persoal laboral é insuficiente, o resultado son accidentes como os que xa se produciron.
Isto é unha situación insostible e crítica que temos que denunciar por tódolos xeitos posibles, para que os traballadores laborais destes centros poidan facer o seu traballo en condicións dignas.
Isto non é só un problema laboral, atinxe á seguridade dos residentes, aos dereitos mais básicos das persoas, e a Xunta ten que cumprila lei, tanto o convenio que regula os descansos dos traballadores de xeito claro e preciso, como as sentenzas dos tribunais superiores.
A vida dos residentes e a saúde laboral e dignidade dos traballadores laborais está en xogo, e non se pode permitir nin un minuto mais esta situación.
Deja una respuesta