Incendio en residencia de anciáns en Fisterra

Catro usuarios foron trasladados ao Hospital de Cee

Os traballadores vimos denunciando a escaseza de medios e persoal con que contan os centros de maiores e dependentes. Hoxe en Fisterra, ás 5 da maña, un incendio obrigou a desaloxar aos residentes dunha residencia de anciáns. Afortunadamente non temos que lamentar danos persoais de consideración, pero estáse a xogar á ruleta rusa cunha poboacion que necesita moita atención e coidados. Ante un accidente deste tipo, unha soa persoa ao cargo pola noite, é claramente insuficiente para facer fronte a situacións desta natureza, e as autoridades teñen a obriga de poñer tódolos medios necesarios para que estes anciáns estean seguros neses centros, sexan privados ou públicos.

Ante situacións deste tipo, as residencias de anciáns ou dependentes carecen de persoal suficiente para garantir a seguridade dos residentes, ao que hai que engadir as condicións laborais que padecemos e que agravan a situación ante todo tipo de accidentes.

Esiximos á administración que tome tódalas medidas necesarias e contrate mais persoal  para garantir a seguridade de tódolos residentes.

Traballadores Centros Xunta

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: