Despilfarro de 1,2 millóns de euros

A Xunta financia con 1,2 millóns un spa de viñoterapia

A Xunta destinou 1,2 millóns a unha spa, mentres que deixa sen dotacións centros sociais dependentes da Consellería de Benestar. É a denuncia que fai CIG-Autonómica que critica que as obras de rehabilitación e acondicionamento como spa viñoterapia da nave lateral do mosteiro de San Clodio leven tal cantidade de diñeiro público.

Neste sentido, o persoal de Benestar que traballa en atención directa de centros de menores, residencias de maiores e centro de atención a persoas discapacitadas, considera unha “vergoña e unha apropiación indebida” este orzamento público. Por iso, pide a “inmediata anulación” deste concurso e destinar eses fondos a comprar “material urxente e necesario” para Residencias de Maiores, Centros de Menores e CAPD (Centro de Atención a Persoas Discapacitadas).

“Nos centros de Benestar o persoal e os usuarios sufrimos estes recortes día a día. Non se renova o material: lavadoras estropeadas que non se amañan, restricción dos cueiros por usuario a 3 ao día, grúas para mobilidade dos residentes que non se compran, plantas pechadas como as da Residencia de Maiores de Ferrol, onde non se continua coas obras de mellora, falta de material de enfermería”, apunta esta central sindical.

Así, critica que se destinen fondos públicos para esta obra mentres hai “reducións nos custes do menú diario dos centros de atención social “coa perda de calidade dos mesmos e sobreexplotación laboral ao non conceder compensacións por xornadas de 7 días, con domingos e festivos continuados”.

Enlace relacionado

Anuncios

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: