A CUT denuncia o “abandono deliberado” da Xunta dos seus centros de menores e maiores

Residentes de centros de maiores, nun acto da XuntaResidentes de centros de maiores, nun acto da Xunta

O comité de empresa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social fixo público este mércores un informe que analiza a situación dos centros de maiores e menores administrados polo Goberno galego na provincia coruñesa. O documento critica o deterioro das instalacións, o empeoramento das condicións de traballo e a falta de material. A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT), que participou na elaboración do informe, denuncia que a Xunta “somete a un abandono deliberado ás persoas maiores e a menores” residentes nestes centros. E salienta que a investigación “desvela unha gravísima situación provocada pola carencia de medios como consecuencia esganamento orzamentario establecido pola vontade privatizadora deses servizos que promove o PP, afogando a asistencia pública e con subvencións aos centros privados”.

O documento critica o deterioro das instalacións, o empeoramento das condicións de traballo e a falta de material

Entre as moitas deficiencias e eivas que rexistra o informe e que subliña o sindicato están a “carencia de cueiros”, a “escaseza de medicamentos” para subministrarlles aos e ás residentes, pragas de roedores, vermes en alimentos, ou o deterioro da roupa de cama. Tamén se sinala o “abandono” e a “falta de mantemento”, con instalacións “seriamente deterioradas, con goteiras e malos illamentos, elementos asistenciais avariados, con fochancas que representan un perigo para residentes e persoal asistencial”. Engádese “a inexistencia de baños xeriátricos ou os guindastres inoperativos, oxidados ou que non son axeitados para facilitar o traslado e o aseo de persoas con escasa mobilidade”, denuncia a CUT.

O documento do Comité de Empresa incide tamén nas condicións laborais do persoal, “cansado e pouco motivado polos recortes, empeoramento das condicións de traballo, falta de conciliación da vida laboral e familiar” e “moitas xornadas de traballo seguidas”. Tamén se denuncia o “aumento dos contratos precarios” e o “aumento de concertos con empresas privadas do sector dos servizos sociais”. Nas conclusións do infórme saliéntase o “abandono dos centros de Política Social pola Administración, especialmente dende 2012 ata hoxe”, a “falta de investimentos” e a “falta de confianza e fe nos servizos públicos”.

Entre as moitas deficiencias e eivas que rexistra o informe e que subliña o sindicato están a “carencia de cueiros”, a “escaseza de medicamentos” para subministrarlles aos e ás residentes, pragas de roedores, vermes en alimentos, ou o deterioro da roupa de cama

“A situación está aínda máis agravada pola carencia de persoal asistencial como consecuencia da política de recortes sociais que vén impoñendo o goberno galego desde hai varios anos, a pesar de que as estatísticas sobre o envellecemento da poboación nunha situación de crise económica reflicten unha importante necesidade de servizos públicos para ás persoas de avanzada idade que, en moitos casos, están en risco de pobreza polas baixas pensións que perciben”, engade a CUT. O sindicato fai fincapé, igualmente, no estado no que se atopan os centros provinciais de menores ou de enfermos psiquiátricos, “nos que se viven situacións imposibles de solventar polo persoal asistencial”, obrigado mesmo “a achegar medios particulares para cumprir o seu labor asistencial”, denuncia

Enlace relacionado

Aquí tedes o informe completo:

Báixate o informe

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: