MANIFESTACIÓN 19/12/2021 ÁS 12:00 h. PARQUE DA ALAMEDA – SANTIAGO DE COMPOSTELA – SAF GALICIA

A Plataforma SAF Galiza nace coa intención de dar visibilidade á importancia do noso traballo de atención sociosanitaria a dependentes no fogar e a precariedade na que vivimos, para que as nosas eivas e as das persoas usuarias sexan escoitadas.

As traballadoras do SAF atendemos a máis de 25.000 persoas dependentes. Soportamos unhas condicións indignas dun servizo social tan importante.

Levamos anos loitando porque se nos escoite pero vemos con frustración como pasan os anos e as nosas reivindicacións seguen esquecidas por parte das empresas e, o que é máis grave aínda, das administracións públicas.

Son xa 10 ANOS SEN CONVENIO, o último foi asinado no 2009 para o período 2009-2011, o que é intolerabel, e aínda así, a Patronal non só incumple sistemáticamente un convenio xa obsoleto senon que tamén négase a negociar un novo acordo.

Esta desidia provoca que sexamos un colectivo no que moitas de nós non podemos vivir con dignidade polas baixas retribucións e porque non se nos permite acadar a xornada completa ou un contrato indefinido. Tampouco nos facilitan os EPIs que necesitamos e traballamos sen axudas técnicas nos domicilios o que provoca problemas músculo esqueléticos, de depresión ou ansiedade, ademáis doutras doenzas derivadas do noso traballo e aínda así, seguen sen recoñecerse as nosas enfermidades profesionais, o que significa que tampouco podemos xubilarnos anticipadamente.

Somos traballadoras pobres e seremos xubiladas máis pobres aínda e tamén enfermas.

Vemos como os grandes investidores que controlan o sector, fan un negocio moi lucrativo cun SERVIZO PÚBLICO privatizado, a costa das nosas condicións laborais, a costa das nosas vidas e da calidade asistencial das persoas e nós creemos que a saúde e o benestar das persoas ten que estar por riba dos beneficios económicos. Grazas á nosa labor, moitas persoas poden chegar ao fin das súas vidas no seu fogar e rodeados dos seus.

Por todo ésto pregámosvos, como organización/colectivo preocupado pola xustiza social que sodes, que nos axudedes a facer visible a nosa realidade diante da sociedade galega sumándovos á manifestación que se celebrará o día 19 de decembro de 2021, as 12:00 h., no Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

Sabemos que moita xente valora o noso traballo pero temos que chegar á maioría para que a Patronal se vexa forzada a actuar e a sentarse á mesa de negociación a escoitarnos.

Agardamos que vos sumedes á participación na manifestación e nos comuniquedes á maior brevidade posible, si é así, a vosa intención de apoiala.

Precisamos ser moitas!

Grazas.

Saúdos,

PLATAFORMA SAF GALICIA

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: