Imos a amosar a evolución dalguns dos datos das listas de agarda que afectan á área de A Coruña. Pero antes temos que recordar que o goberno de Núñez Feijoo négase a facilitar datos sobre as listas de agarda non estruturais, é dicir, as listas que recollen a aqueles cidadáns que néganse a ser atendidos na sanidade privada. Polo tanto, os datos oficiais que imos a amosar non representan a situación na que se encontra a área. A realidade é moito peor.
Os últimos datos aportados polo SERGAS corresponden a decembro do 2019. En canto a probas diagnósticas na área de A Coruña temos que de 21.061 doentes en espera a decembro do 2015 hemos pasado a 25.821 doentes en espera en decembro do 2019, é dicir tiveron un incremento dun 22,6% en 4 anos.
En canto aos datos de espera de consultas externas ou primeiras consultas, temos que de 23.482 doentes en espera en xuño do 2014 temos pasado a 29.167 doentes en espera en decembro do 2019 cun incremento dun 24%.
Como vemos nos gráficos anteriores mantense unha tendencia ascendente ao longo do tempo cun claro obxectivo de ir desmontado a sanidade pública e forzar ao doente, aquel que se o poida permitir, a acudir á sanidade privada para consultar co especialista ou facerse probas.
Todo isto vai acompañado co establecimento de concertos coa sanidade privada co obxectivo de dar a entrada ás multinacionais na sanidad pública e convertir a nosa saúde nun negocio.
E ante isto nos encontramos co que di o Consello de Contas nos últimos informes referente aos concertos: “En algún concertos suscritos non se establecen requisitos específicos para a xestión da prestación; en particular, non se regulan as condicións dos recursos ou a calidade asistencial, nin se concretan indicadores de control”. É dicir, o escaso control nos conciertos provoca unha dubidosa calidade asistencial ademáis dun costo engadido ás arcas públicas.
Desglosando os datos da EOXI A Coruña nos encontramos con que en consultas externas temos por exemplo a especialidade Uroloxía que pasou de 971 doentes en espera en decembro do 2014 a 1.897 doentes en decembro do 2019 cun incremento do 95% en 5 anos.
Ou Dixestivo que pasou de 404 doentes no 2015 a 1.051 cun incremento do 160% en 5 anos.
Ou endocrinoloxía que pasou de 404 doentes en espera en decembro do 2014 a 585 en decembro do 2019 cun incremento do 44% de doentes en espera.
En canto a probas diagnósticas encontramos, por exemplo, que en TAC pasamos de 1.444 doentes en espera no 2014 a 2.206 en decembro do 2019 cun incremento do 52,77%.
Exemplos de cirurxias temos que en Traumatoloxía pasamos de 1.483 doentes no 2014 a 1.626 en decembro do 2019 cun incremento dun 9,6%.

A tendencia de todos estes datos é o incremento ao longo do tampoco co claro obxectivo de desviar recursos á sanidade privada, salvo en cirurxias nas que as listas de agarda se manteñen en cifras casi constantes, co nulo interese de rebaixar as mesmas.
E finalmente, en canto aos datos totais de doentes en listas de agarda en Galicia vemos que de 238.367 doentes en espera en decembro do 2018 se pasou a 287.523 doentes en decembro do 2019 cun incremento dun 20,62%. Este número de doentes en espera representa o 10,64% da poboación total galega. Isto nos convirte na terceira comunidade con mais poboación á espera de ser atendida.
O presidente Núñez Feijoo continúa co seu desmantelamento da sanidade pública e temos que impedilo antes de que sexa demasiado tarde.
POR UNHA SANIDADE 100% PUBLICA, UNIVERSAL E DE CALIDADE: ¡¡A SANIDADE NON SE VENDE (NIN SE CONCERTA), A SANIDADE PÚBLICA DEFÉNDESE !!
Deja una respuesta