Defendamos os Servizos Públicos 100% – ACUDE Á MANIFESTACIÓN

28s santiago

Diversos colectivos e organizacións sindicais do sector público galego, organizámonos polos nosos dereitos laborais e contra os falsos procesos de estabilización que os distintos gobernos puxeron ou porán en marcha nos próximos meses, co aval cómplice de CCOO, UGT e CSIF. Uns procesos nos que sairán todas as prazas actualmente XA ocupadas por quen levamos anos cubrindo postos estruturais e necesidades permanentes dentro da Administración. Estas ofertas de emprego público en marcha, non estabilizan a ninguén nin van acabar coa temporalidade.

A desculpa é reducir ata o 8% a temporalidade mediante Ofertas de Emprego Público masivas, nas que se convocan todas as prazas que XA ESTÁN OCUPADAS dende hai anos por empregadas/os públicos temporais en fraude de lei.

A convocatoria de OPEs e procesos selectivos de acceso libre son unha forma de tapar os abusos e fraudes cometidos na contratación temporal sucesiva de funcionarias/os interinas/os, persoal estatuario temporal e traballadoras/es temporais de longa duración.

Estes procesos non estabilizan ás persoas, senón ás prazas, facilitarán o cese e despedimento masivo de máis de 700.000 empregadas/os públicos, cunha media de idade de 45 anos e na súa maior parte mulleres, que engrosaremos as listas do desemprego, tras varias décadas traballando e achegando a nosa experiencia á calidade dos servizos públicos. Trátase dun despedimento masivo ilegal que nos venden como creación de emprego e fin da temporalidade.

Estes abusos das Administracións Públicas na contratación temporal débense ao incumprimento do art. 70.1 do EBEP, que establece que “a execución da oferta de emprego público ou instrumento similar deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos”. Ademais as administracións non sacaron a oposición o 100% da taxa de reposición, ofertando durante décadas menos prazas vacantes das existentes e amortizando prazas, incrementando así a oferta de prazas temporais que deu lugar á elevadísima taxa actual de contratación temporal de longa duración.

Esta perpetuación do traballo temporal na Administración Pública española incumpre as “razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia” ás que deben responder os contratos temporais e dá lugar á cobertura de prazas estruturais polo persoal temporal, do que a Administración pode prescindir facilmente.

As funcionarias/os interinas/os, persoal estatuario temporal e traballadoras/es temporais de longa duración desempeñamos as mesmas funcións que as funcionarias/os de carreira (art. 10.2 e 10.1 do EBEP). Porén, recibimos un trato discriminatorio con respecto a eles incumprindo a Directiva europea 199/70/CE.

Por todo isto, facemos un chamamento aos nosos compañeiros e compañeiras, a todos os sindicatos da función pública, ás distintas “mareas” defensoras do público e a toda a cidadanía, a vir con nós á mobilización que levaremos a cabo o vindeiro 28 de setembro ás 12h, con saída na Alameda de Compostela.

Esiximos:

  1. A paralización inmediata dos falsos procesos de estabilización, sen prexuízo da continuidade da oferta de prazas ordinarias para cubrir as baixas de efectivos.
  2. Suspensión e anulación de todo cese e despedimento ilegal.
  3. Consolidación mediante regularización administrativa, de todo o persoal público en fraude e abuso de temporalidade.
  4. Igualdade de trato e condicións de traballo entre persoal temporal e fixo da Administración.
  5. Reversión da privatización.
  6. Recuperación de vacantes e prazas amortizadas sacando a oferta de emprego público as prazas necesarias para acabar cos cadros de persoal deficitarios.

PAREMOS A FRAUDE E O ABUSO NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: