#ColectivosEnLoita

Nace a iniciativa #ColectivosEnLoita

O pasado 19 de xullo mantivemos a primeira xuntanza de varios colectivos que estamos por defender os servizos sociais e non permitir mais recortes.  Esta xuntanza sirviu para presentarnos e marcar unha folla de ruta inicial, entre todos os colectivos que estabamos alí, e as compañeiras de “Zas sen recortes en Pediatría” expuseron a súa problemática dos centros de saúde da súa contorna e o futuro que Feijóo ten para a Costa da Morte en saúde.

Entre todos os grupos decidimos facer un video de lanzamento xunto cun comunicado inicial. Animamos a todos os colectivos que estades loitando contra os recortes, a privatización dos servizos públicos e as consecuencias que estos ten cara ao persoal, precariedade laboral, longas xornadas de traballo, carga física e mental para todo o persoal, etc.

¡¡Unirvos!! a Colectivos En Loita, é un grupo aberto a novas incorporación e ideas para xuntas ser mais fortes.

COMUNICADO

Levamos xa demasiado tempo vendo como pouquiño a pouco, Galiza está a desaparecer, a se converter nun puñado de cinzas que un simple sopro acabará por levar se non facemos nada para impedilo.

Estamos nas mans dun goberno desgobernado polo pobo, en mans do capital e que non se preocupa pola clase traballadora que os sostén. Un goberno que pouco ou máis ben nada se preocupa polas galegas e galegos.

Un goberno que cada día está a privatizar máis e máis sectores básicos e tan necesarios para a poboación como a Sanidade ou a Educación, para beneficios duns poucos e case sempre dos mesmos.

Levamos meses vendo como miles de traballadores viven co medo de non saber que será deles mañán, cando a súa xornada ou contrato remate.

Tristemente, tamén os nosos maiores, esas persoas expertas e cheas de vivencias e que tanto traballaron por e para todos nós, hoxe son olvidados polo Sistema.

Outra gran falacia é a desaparición do rural: o rural non desaparece, como nos queren facer crer, senón que o están a matar con políticas estériles.

Ante a impotencia de vivir con todo isto, o pasado 19 de xullo celebramos unha Primeira Xuntanza de COLECTIVOS EN LOITA con representantes de ANOVA-IRMANDADE NACIONALISTA, COBAS, CAS, REBELIÓN ALUMINIO, USDG-CUT e ZAS SEN RECORTES EN PEDIATRÍA

Tras expoñer a situación de cada colectivo, coincidimos en que aínda que temos problemáticas diferentes, temos un punto en común: todos somos vítimas dos recortes gubernamentais da mal chamada Crise Económica.

Se ata agora fomos capaces de facer algo de ruído cada colectivo, por separado, que non conseguiremos se nos unimos nesta loita en contra dos recortes sociais!!!

Non buscamos un eslogan común

Queremos unha solución para todas e todos

Colectivos en Loita da Galiza

Na Coruña, a 19 de Xullo de 2019

colectivos en loita

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: