ESPERAMOS-TE
O 19 as 18h no Centro Cívico Os Mariñeiros de A Coruña (detrás do Agora)
En defensa dos servizos públicos, sanidade, educación , servizos sociais, pensiòns ….
En defensa dos postos de traballo na nosa terra. Non aos EREs, ERTEs, non ao peches de empresas.
POLA UNIDADE DAS LOITAS.
UNIDOS/UNIDAS SOMOS MAIS FORTES.
Convocatoria de Asamblea Aberta
Dende Rebelión Aluminio, Isowat en loita e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de Coruña propoñemos unha “asemblea/reunión” aberta ao todos aqueles que loitan pola defensa dos postos de traballo e os servizos públicos, para valorar a posibilidade dunha mobilización.
Estimados compañeiros e compañeiras queremos dirixirnos a vos, porque consideramos que o que está a acontecer en Galicia coa destrucción de milleiros de postos de traballo, os recortes e privatizacións dos servizos públicos é unha historia que non ten fin.
Asistimos día a día un rosel de noticias de peches de empresas no sector industrial, o conflicto de Alcoa o peche de Poligal, os Ertes e Eres de Isowat, Ferroatlántica, Ence, pon sobre a mesa unha nova reconversión industrial en marcha. Esto supón a destrucción de miles de postos de traballos e deixar a familias enteiras cun futuro incerto. Pero non só as empresas da industria: tamén o telemarketing e o comercio están pechando.
Por outro lado os recortes e as privatizacións en Sanidade, en Educación e en todos os servizos públicos deixan a familias traballadoras enteiras no paro, e por riba agora tendo que acudir ós servizos privados.
En Sanidade paga o pobo traballador, as longas listas de espera para operacións, probas diagnósticas, o deterioro de Atención Primaria, o colapsos nas urxencias e o abandono dos PACs. Estan destruíndo a nosa sanidade, esa que era unha das mellores de Europa.
O crecemento dos colexios concertados demostra o trasvase de diñeiro público aos privados en detrimento da calidade do ensino público.
En Servizos Sociais aquí esta claro que a inversión non foi moi boa, pero nos últimos anos non aumentou a oferta de residencias, salvo nas privadas e con condicións laborais deplorables.
Galiza ten unhas das pensións mais baixas do estado, dende o ano pasado as pensionistas están saindo á rúa en defensa das pensión públicas e en favor de que estean garantidas polos orzamentos do estado.
A Xunta do PP coas suas políticas favorece o que está acontecer coas privatizacións e a destrucción dos postos de traballo, e para xustificarse bota culpa ao goberno de Sánchez como se o PP non tivese gobernado. A súa gran proposta de desenvolvemento para Galicia é o Camiño de Santiago.
Ata agora a resposta que se esta dando dende os diferentes sectores sociais é a separación dunhas convocatorias doutras, baixo diferentes siglas e cada sector pola súa conta.
Dende Rebelión Aluminio, Isowat en loita e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de Coruña propoñemos unha “asemblea/reunión” aberta ao todos aqueles que loitan pola defensa dos postos de traballo e os servizos públicos, para valorar a posibilidade dunha mobilización.
A data será acordada entre todas as partes participantes
Responder