A Coordinadora solidarízase coas plantillas de ALCOA e Isowat

Na defensa dos postos de traballo na industria como nos servizos públicos 

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña (CASP), estivo apoiando onte no encerro do comité de Alcoa na Delegación do Goberno como Rebelión Aluminio ven facendo hai tempo connosco nas Mareas Brancas.

A Coordinadora solidarízase cos traballadores/as de Alcoa ante o acordo alcanzado onte co goberno que garante os postos de traballo durante dous anos. Mais tamén sabe que este acordo non se pecha, máis ben é o anuncio da continuidade da loita, porque hai unha nova reconversión industrial para moitas empresas.

Cada terceiro domingo de cada mes, Rebelión Aluminio está nas Mareas Brancas defendendo a Sanidade Pública e o pasado domingo tamén tivemos a presenza de Isowat. Este é un exemplo do camiño de unidade das loitas, que na Coordinadora levamos defendendo dende a nosa constitución.

A sanidade pública é uns dos alicerces da calidade de vida da poboación, da que o emprego e as condicións laborais dignas é outro dos piares.
A unidade de ambas loitas fai parte do rexeitamento das políticas de recortes dos gobernos.
Por iso a unidade nas loitas é tan importante, porque como di o compañeiro Óscar, hai que demostarlles aos da arriba que deixando a un lado as diferencias xuntos podemos.
Seguiremos apostando pola unidade pola defensa dunha Sanidade 100% Pública na defensa dos postos de traballo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: