19 de maio un domingo mais na rúa defendendo a sanidade pública 100%

De novo un domingo mais estuvimos no Obelisco reivindicando unha sanidade 100% pública universal e de calidade.

Agradecer de novo a Rebelión Aluminio pola asistencia e un video maravilloso.

https://www.facebook.com/rebelinaluminio/

MANIFESTO

Ola, bos días benvidos e benvidas a todos e todas un domingo máis. O titular deste mes pode ser:

Reivindicamos a Valle Inclán: a situación é esperpéntica.

Un titular de prensa nos anuncia:

O Sergas gastará este ano máis de 670.000 euros en cregos para a sanidade pública. Os recortes non afectan á partida que a Xunta do PP destina a capeláns, máis ao contrario aumenta ano tras ano. 54.000 € mensuais para pagar salarios e cotizacións aos capeláns que prestan asistencia relixiosa nos centros sanitarios públicos.

Mentres tanto, xustifícase o recorte de persoal santiario porque non hai cartos para pagar nin médicos nin enfermeiras. Lemos tamén na Voz de Galicia que agora, dúas semanas antes das eleccións, A Xunta destinará 102 millóns de euros para atención primaria. No mesmo xornal, lemos que o 80% destes cartos destinarase á financiación de novo mobiliario e material que, se ben é necesario, non suple en ningún caso o problema de fondo, a falta de persoal e de recursos para atender a toda a poboación e facer todas as probas precisas. As listas de agarda seguen en aumento, e a Xunta segue sen propoñer plan ningún para a súa redución.

Outro titular na prensa:

Enfermeiros/as alugan un avión para poder presentarse a dúas oposicións no mesmo día, unha en Madrid e outra en Galicia. Nun momento onde os gobernos declaran sufrir falta de persoal para contratar, non é lóxico poñer dúas oposicións o mesmo día.

Esta situación fai unha imaxe esperpéntica da situación da sanidade en todo o territorio e, concretamente, aquí en Galicia, que mentres os e as profesionais de urxencias de de Atención Primaria continúan desbordados e os PACs seguen en pé de guerra.

O pasado mes de abril, o actual goberno de María Pita, Marea Atlántica, invitounos xunto a outras organizacións do ámbito da sanidade a presentarnos o que tiñan feito e seu programa electoral con respecto á saúde. Alí se escoitaron moitas propostas, como máis aparcadoiros nas inmediacións do hospital materno infantil, a denuncia pola falta de fisoterapeutas na sanidade galega, e un longo etc. Nós reivindicámonos nos 38 puntos que entregamos ao concello, que seguimos considerando que os dereitos se pelexan na rúa, e tamén invitamos a Marea Atlántica a participar connosco cada terceiro domingo das mareas brancas.

Como non podía ser doutra maneira, imos falar da importancia das eleccións do vindeiro 26 de maio, onde votaremos aos alcaldes e alcaldesas dos nosos municipios, e tamén aos representantes ao Paralamento Europeo.

Desde aquí animamos á cidadanía a que valore criticamente os programas electorais, tendo en conta que a saúde non depende só da asistencia sanitaria: se perde ou se gaña en saúde coas decisións políticas que toman tanto os gobernos locais, autonómicos e estatais, como os da UE.

A saúde non é só a asistencia sanitaria; a saúde é unha suma de accións que ten que ver co urbanismo, transporte, traballo, educación, políticas sociais, todos eles ámbitos transversais nos que se apliquen os principios de saúde. E como podemos ver, as administracións, a todos os niveis lexislan sobre estes temas.

Unha das principais causas da mala saúde na poboación son as desigualdades socieconómicas.

A poboación sofreu as consecuencias da crise, mentres gobernos resgcataban bancos, xerando una débeda ao estado que estamos pagando a clase traballadora. Dende a UE, ameazan coa intimidación eo chantaxe a través de políticas de austeridade para pagar a débeda que non creamos nós. Para iso, o PP-PSOE aprobou a reforma constitucional para incluír o artigo 135, segundo o cal a prioridade do estado, das CCAA, Deputacións e Concellos é cumprir con “equilibrio financieiro”, definido polos parámetros do Tratado de Maastricht. A obriga de cumprir estas restriccións fomenta a privatización dos servizos públicos, e as mans privadas entran como carroñas a pola nosa saúde.

Por iso, invitámosvos a votar pensando nunha sanidade 100 % pública, e por iso é necesario:

– Derogar o artigo 135 da CE

-A lei 15/97

– Aumentar o gasto público ata rematar coa situación actual, dando cobertura a todas as persoas que residen no estado español, independentemente da súa situación administrativa.

-Aumentar ao persoal ata cubrir as necesidades da poboación galega en todos os rincons e cabar co que esta pasando no rural.

-Eliminar os concertos coas clínicas e hospitais privados.

Manifesta o teu voto ás organizacións políticas que se comprometan a levar estas políticas adiante.

Pon unha sanidade 100% pública, universal e de calidade.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/sergas-gastara-ano-mais-670000-euros-cregos-sanidade-publica/20190219130743076231.html?fbclid=IwAR1KzZmwViC6yI5IYpWTGDa2koUEdyibnOh5wIhcxf910xJVRC3qJKrQOKE

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: