A denuncia de José Miguel

José Miguel Rodríguez fai público o retraso na súa cita co seu especialista. Coma el, animamos á cidadanía a poñer as reclamacións pertinentes e facelas públicas! Reproducimos o seu escrito a continuación:

Bos días:

Quero facer pública, unha vez máis, a situación na que me encontro ante a petición dunha cita médica cun especialista do SERGAS.

O título ben podería ser “EN GALICIA NON TEMOS SANIDADE PÚBLICA”, e o titulo así porque cando o SERGAS te cita para dentro de 6 meses cunha doenza, aínda que non sexa grave, pero si molesta e que pode provocar outras doenzas, o resultado é que do SERGAS só teño unha tarxeta de plástico.

O pasado día 26 de abril acudín ó meu médico de familia e decidiu que tiña que ir ao traumatólogo por unha doenza que teño nos pés, e que me impide camiñar correctamente. Salientar que teño que camiñar todos os días debido a unha doenza cardíaca.

O resultado desa petición foi que a cita concedéronma para o día 8 de outubro do 2019. Ante esta barbaridade, fixen unha reclamación ao SERGAS ese mesmo día, solicitando nova cita o máis rápido posible nun centro público do Servizo Galego de Saúde.

O día 30 de abril deste mesmo ano recibín contestación do SERGAS dicíndome que non é posible facilitarme outra alternativa á cita asignada, que se xorde algunha posibilidade me avisarán e que me poña en contacto co meu médico de familia. Loxicamente fixen o que me din na contestación e acudín ó meu médico de atención primaria. Este confirmoume que calquera decisión posterior ten que tomala o especialista.

Esta contestación do SERGAS a considero fóra de todo lugar. Eu pago os meus impostos de xeito puntual e esixo a mesma celeridade para ser atendido polo motivo que sexa na sanidade pública.

Quero facer público o meu caso porque non debemos quedar caladas ante tanto desatino. Vemos como o SERGAS gasta centos de miles de euros en carteis exteriores anunciando que todo vai ben, mentres centos de miles de cidadáns están en listas de agarda.

Denuncio publicamente a miña situación, e loxicamente, farei responsable ó SERGAS do empeoramento que poida sufrir polas consecuencias que esta demora poida provocar.

Presentei reclamación ante a Valedora do Pobo para que este tipo de situacións sexan solucionadas canto antes. Hai recursos máis que suficientes. A Xunta de Galicia o que ten que facer é contratar máis persoal, derivar menos orzamentos á sanidade privada e investir na sanidade pública, que é a de todas e todos. Sabemos que o seu obxectivo é desmontar a sanidade pública e non o podemos consentir.

Animo ó resto da cidadanía a que faga pública a súa situación e vexamos todas e todos de xeito claro cal é a realidade, e sobre todo, non quedemos caladas.

Saúdos cordiais

José Miguel Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: