Desconvocada a folga en Atención Primaria

180px-DIN_4844-2_D-P006.svg

Estamos de broma ou toleamos todos: o Sergas admite todas as reivindicacións de Atención Primaria, segundo os convocantes da folga que comezaba mañá (os sindicatos maioritarios); mais a información de Praza Pública di que “Así, a Consellería acepta negociar as demandas dos impulsores da folga.”

Pero non estaban negociando xa? Por que desconvocas a folga se a Xunta fai o que xa está facendo, negociar?

A Xunta non se compromete a NADA, senón a manter as negociacións… e por contra, os sindicatos desconvocan a folga. Conclusión, agora vaise negociar sen a presión da mobilización; o terreo onde o PP móvese como peixe na auga.

Que conseguiron os traballadores/as? NADA, só abrir mesas de negociación.

Perdón, a Xunta si “cedeu” en algo: na constitución dun Consello Técnico de Atención Primaria, onde estarán os sindicatos, os seus representantes. Hai unha vella máxima na política, que di que se non queres facer algo, monta unha comisión.

Nesta comisión negociaranse as medidas “irrenunciables” que se formulaban como eixos da loita. Mais a realidade é que o único irrenunciable era a Comisión, onde os burócratas sacarán novas dietas a sumar aos seus salarios. As demais propostas eran, en realidade, “negociables”.

Se eran irrenunciables, porque demo pactan “negociar”? Se algo é “irrenunciable” é, por definción, innegociable… Salvo que toleemos todos e todas.

As burocracias sindicais -hai que comezar a falar claro- só consideran irrenunciables as súas necesidades de monta comisións para facer o paripé; as reivindicacións dos traballadores e traballadoras son todas “negociables” nesas comisións.

Por último, se tan claro teñen que “é unha victoria”, que leven a ratificación, e antes de desconvocar a folga, ás asembleas de traballadores/as, onde se abra o debate sobre o carácter “irrenunciable” das reivindicacións, e nelas se decida a desconvocatoria ou non da folga.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: