Visión xeral do novo modelo de Atención Primaria

48376875_1967487303304687_5172413858848964608_n

A dimisión dos xefes da área de Atención Primaria de Vigo no mes de decembro foi a gota que colmou o vaso de meses de folgas dos PACs, de urxencias no CHUS… Estoupou e visibilizou unha sanidade galega que está ferida de morte. Son as consecuencias da política de recortes, sintetizadas no “máis con menos” de Feijóo.

Para saír do paso, Feijóo dixo que “xamais tantos centros de saúde, xamais tantas prestacións e tantos servizos públicos para os pacientes e tanta tecnoloxía tivemos, o que necesitamos son médicos”. Nada máis errado no diagnóstico do que verdade eles, o PP, fixeron ao longo destes anos que levan gobernando en Galiza, destruíndo miles de postos de traballo e privatizando todos os servizos públicos.

Para saber onde estamos temos que saber de onde partíamos

A sanidade foi un pilar moi importante ao establecerse como un dereito, aínda que non era perfecta, por moito que nos digan que fomos a envidia de moitos países. Xa queda claro dende a Lei Xeral da Sanidade de 1986, que no seu artigo 90 abre as portas á entrada do sector privado na xestión da sanidade pública, porque dende ese momento comeza a externalización de comedores, limpeza… Pero podemos dicir que se chegou a un nivel moi bo e iso foi importante para toda a cidadanía, pero o malo é que ten uns xestores (os partidos políticos) cuxo obxectivo é facerlle gañar aos ricos cada vez máis diñeiro, a costa das arcas de todos nós.

A crise puxo de manifesto os seus verdadeiros obxectivos: a privatización de todos os servizos públicos e, en concreto, o que máis nos afecta, a Sanidade Pública. As políticas dictaminadas dende a Unión Europea non se fixeron esperar no estado español, obrigando a primar o cumprimento do déficit e o pago da débeda por enriba dos gastos sociais, prioridades que quedaron recollidas no artigo 135 da Constitución. E a día de hoxe, din que estamos saíndo da crise, pero ese artigo segue aí, é o primeiro que se cumpre.

En Galiza pasou como no resto do estado: na sanidade pública, a poítica dos gobernos da Xunta priorizou durante estes anos a atención especializada e hospitalaria por enriba de AP, por intereses económicos que persiguen os negocios sanitarios da compra de aparatos altamente tecnificados.

Este sistema céntrase na enfermidade, na medicación, na atención especializada e hospitalaria, abandonando a prevención como unha “comprensión global das necesidades da saúde das persoas e un coñecemento de seu entorno e as condicións de vida que son elementos chave para establecer as intervencións sanitarias adecuadas” (Francesca Zapater, Mareas brancas). Mesmo a recuperación dos doentes está no ollo das aseguradoras e multinacionais ás que se lles están regalando.

En Galiza, ao longo deste periodo de crise profunda, os xefes que dimitiron de Atención Primaria, como outros tantos, xestionaron a miseria e foron cómplices dos recortes. Mentras ano tras ano o persoal (desde PSX ata o persoal facultativo) tiña que sufrir o aumento da súa carga de traballo por falta de substitucións de baixas, vacacións e xubilacións, o señor conselleiro e a Xunta do PP dedicaban o diñeiro a abrir novos centros que eran máis vistosos (aínda que sen persoal) que conservar os vellos e contratar máis persoal, medios e material, o que vén reclamando dende hai anos o seu persoal, e tamén a obras “faraónicas” como o Álvaro Cunqueiro.

Impúxose a moda da teleconsulta, un sistema de consulta hospitalaria sen presencia do paciente, no que o médico/a de cabeceira fai un primeiro tanteo co especialista para calibrar a gravidade do caso, o que se converteu na norma e foi un obstáculo para que a persoa enferma fose atendida polo especialista, pola austeridade sanitaria, pechando as portas do hospital e aumentando así a listas de agarda.

E quen aplicou e aprobou estas políticas de recortes e privatizacións?

Ante esta situación o conselleiro Almuíña asegurou que o modelo actual de Atención Primaria (AP) é moi apreciado polos cidadáns, pero tamén dixo que “debemos facer algún cambio” e seu gran cambio é o novo modelo de Atención Primaria, co que pretende facer máis eficiente a primaria e acabar coa sobrecarga asistencial. E para iso buscou a dous expertos a nivel estatal, despreciando aos profesionais galegos.

Estas medidas son campás ao voo que non convencen a ninguén, rexeitadas polos profesionais afectados, que din que o problema de AP non se resolve con 60 prazas máis de médicos/as, sen ter en conta que existen outras categorías que tamén son necesarias para o bo funcionamento de AP. Engaden que foi presentado sen ningún consenso, que non hai proposta concreta con cifras e prazos. A estrela deste novo modelo é o novo contrato que ofrecen aos médicos de familia e pediatras, un contrato que perpetúa a precariedade, obriga a traballar en períodos de 15 días, en distintos centros asistenciais, 48 horas semanais e dúas gardas mensuais nos PACs, sen garantir o dereito ao dencanso ao que obriga a lei. Con estes contratos se perde a lonxitudinalidade asistencial, eixo fundamental de AP, onde as primeiras afectadas son as persoas doentes, que non reciben unha atención digna e de calidade; nin hai posibilidade de conciliación laboral e familiar.

En definitiva, carece dunha previsión concreta, xa non só para Atención Primaria, senón para o conxunto da sanidade pública galega.

Este sistema centrado na enfermidade, na medicalización, na atención especializada e hospitalaria supón ademais un gasto en farmacia moi superior ao necesario.

Unha cortina de fume

Este novo modelo é unha cortina de fume para calar a “rebelión” que ten dentro da súa consellería: os PACs, urxencias do CHUS, Monforte, Álvaro Cunqueiro, O Meixoeiro, Povisa, colapso das urxencias, longas listas de espera, conflitos coas ambulancias e grandes mobilizacións nas rúas das grandes cidades. Os buracos non poden pecharse, máis ben ao contrario, fanse cada día máis grandes nesta sanidade que está como un queixo gruyère e queren poñer parches só cun “novo modelo de Atención Primaria”.

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública ve necesario unha dotación orzamentaria que permita atender con precisión as necesidades en saúde da poboación, a promoción e prevención e o fomento da autonomía do paciente, en especial as persoas dependentes.

Non cremos que este novo modelo sexa a solución para a sanidade galega, máxime cando o PP non renuncia á destrución da sanidade nin á súa venda para aseguradoras e bancos, e por iso non chega con convocar unha folga en AP se non é dentro dun marco xeral da mobilización conxunta de todo o sistema público de sanidade.

Para a sanidade galega ferida de morte non chega con poñer unha tirita, é necesario un plan de conxunto para toda ela, onde AP sexa o eixo coordinador entre niveis asistenciais, en servizos municipais e supralocais, de urxencias, e de saúde pública, priorizando as actividades de prevención e promoción, así como as comunitarias.

Para volver á sanidade que era a “envexa” de moitos países, faltaría en primeiro lugar ver a Sanidade Pública como algo global e non un departamento dividido por zonas estancas separadas unhas das outras, que están separadas por un biombo sen vasos comunicantes entre si.

Dende as Mareas Brancas Estatais apostamos por un modelo primarista do sistema de saúde, e así o demostramos nas xornadas que fixemos o pasado 29 de xaneiro.

Aquí podedes atopar todas as intervencións das persoas da Coordinadora Estatal de Mareas Brancas e a suficiente argumentación para defender a nosa Sanidade Pública.

https://mesaendefensasanidadpublica.wordpress.com/2019/02/18/conclusiones-post-jornada-modelo-primarista-en-el-sns-29-01-2019-congreso-de-diputados/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: