45.ª Marea Branca

ACTUALIZACIÓN:

Aquí tedes o vídeo da 45.ª Marea Branca, cortesía de Rebelión Aluminio, e alegrámonos de comunicar que a nosa “familia” cada día medra máis! Onte superamos as 60 persoas, que nos escoitaron falar de:

(1) A reunión das mareas estatais en Valencia.

(2)A contestación do Sergas sobre a nosa petición de información sobre as listas de agarda non estruturais (en resumo, eles non derivan a centros privados, senón “concertados”, agardamos ansiosamente a explicación da diferenza).

(3) O proxecto do novo hospital de A Coruña ao tempo que denunciamos que se pensa facer seguindo o modelo da colaboración público-privada.
Coma sempre, o noso micro aberto serve para dar voz a aquelas persoas que desexan denunciar a súa situación.

Agradecémosvos moito a vosa participación e vémonos nas próximas mareas!

___

Como cada terceiro domingo de cada mes, este 17 de marzo invitámoste a manifestarte connosco no Obelisco ás 12h30. Como non podía ser doutra maneira, o novo modelo de Atención Primaria que presenta Feijóo non “gusta” nin aos seus. Nós este domingo falaremos do que debe ser unha Atención Primaria e tamén das listas non estruturais, da xuntanza das Mareas Brancas estatais en Valencia e moito máis. Acude e berra connosco: a sanidade non se vende, a sanidade deféndese!

45 marea branca

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: