Conclusións da xornada no Congreso dos Diputados

“MODELO PRIMARISTA NO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE”

mareas-blancas-620x250

O pasado 29 de Xaneiro a Coordinadora Estatal de Mareas Brancas organizou no Congreso dos Diputados unhas xornadas do MODELO PRIMARISTA para o Sistema Nacional de Saúde como proposta para reflotar o Sistema Sanitario Público que atualmente esta unha situación crítica polos recortes e privatizacións de moitos servizos, e a falta de persoal.

A Xornada tivo tres partes; a primeira foi onde varias persoas da Coordinadora plantexaron as propostas para un Modelo Primarista, a segúnda mesa participaron os voceiros/as dos grupos parlamentarios do Congreso presentes (PP, PSOE, Unidos Podemos e Ciudadanos, excusaron ERC e Compromís) e a terceira foi o espazo para o debate.

Só a modo de reseña alguns retazos das intervencións:

Hai que destacar que para a Coordinadora a Atención Primaria (AP) é a porta de entrada ao sistema e eixo coordinador entre niveis asistenciais, en servizos municipais e supralocais, de urxencias, e de saúde pública, priorizando as actividades de prevención e promoción, así como as comunitarias.

O noso sistema sanitario público necesita unha transformación de carácter primarista. Hoxe en pleno século XXI, a atención primaria é pior do que no século XX, e é mais, na última década esta vivendo seus piores momentos dende a reforma dos anos 80. Esta é unha situación de absoluta precariedade e esgotamento de seus profesionais que repercute nunha deficiente atención na poboación.

Porque primase a atención especializada e hospitalaria por intereses neoliberais que persiguen os negocios sanitarios, moito mais fáciles nos entornos altamente tecnificados. A tendencia nos últimos anos é a reducir a AP á mínima expresión.
Este sistema centrado na enfermidade, na medicalización, na atención especializada e hospitalaria conleva ademais un gasto en farmacia moi superior ao necesario.

Por elo rexeitamos o modelo UXC -Unidades de Xestión Clínica- que fragmenta o sistema. Queremos plantillas adecuadas e suficientes. Atención á Urxencia extrahospitalaria (AP) e á sanidade rural. Impulso e dotación para a lei de dependencia. Integración do traballo social. Saúde mental e un enfoque social e comunitario.

Qué entendemos por una AP fuerte?

-Debe ser “axente” de seus doentes, con capacidade de resolución e de coordinación dos procesos asistenciais que levan a cabo os diferentes ámbitos (atención especializada, tratamentos, listas de agarda, ingresos….)

-Capacidade para atender todo tipo de necesidades de saúde,… para todas as etapas da vida.

-Que recoñece e coida de seus profeseionais e que conta coa participación cidadán como instrumento imprescindible para mellorar a calidade, transparencia… e eficacia.
Somos conscientes que o modelo que presentamos implica un replantexamento dos nosos hospitais.

As respostas dos partidos políticos ás nosas preguntas foron distintas e heteroxeneas, non sempre suxeitas ás preguntas formuladas.
Sintetizando un pouco as suas respotas, diríamos que en menor grado de coincidencia ás nosas propostas esta a non adhesión do PP; os acordos parciais e dos desacordos de base de Ciudadanos, a sintonía na linguaxe global, aunque con elementos concretos de discrepancia do PSOE e a aceptación xenérica da proposta con axendas propias de Unidos Podemos.

Con respecto ao debate a terceira e última parte, foi corta por falta de tempo disponible, pero aún así realizaronse 18 preguntas desde o público.

A modo de conclusión decir que a xornada deixou moi claro que a Atención Primaria esta ferida de morte como o resto das áreas da sanidade pública. Esto pasa en todo o estado español e en Europa porque é consecuencia das políticas neoliberales que levan-se aplicando dende hai moitos anos, independentemente do goberno que goberne… Merkel, Macron, Guiseppe Conte, Sánchez, Theresa May, Antonio Costa. A venda da saúde para aseguradoras e bancos leva moitos anos aplicándose de ali que os gobernos aproben leis que favorezcan esta venda.

Aquí podes atopar todas as intervencións das persoas da Coordinadora e a suficente argumentación para defender a nosa Sanidade Pública.

https://mesaendefensasanidadpublica.wordpress.com/2019/02/18/conclusiones-post-jornada-modelo-primarista-en-el-sns-29-01-2019-congreso-de-diputados/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: