44.ª Marea Branca

ATENCIÓN! IMPORTANTE! CAMBIO DE LUGAR DA MAREA BRANCA DO 17.02.2019

Debido á maratón cuxa salida e meta estarán no mesmo Obelisco o 17.02.2019, trasladámonos aos Xardíns de Méndez Núñez, diante do palco. Iso si, ás 12.30 coma sempre!

44 marea branca

O pasado domingo estivemos na manifestación de Santiago defendendo unha sanidade pública, berrando non aos recortes e fóra as mans privadas de nosa sanidade pública.

A mobilización do domingo en Santiago, onde fomos milleiros de persoas a decirlle ao señor Feijóo que a sanidade está ferida de morte, non pode quedar na foto electoral das reprensentacións políticas que alí estaban, dende Pontón, Villares, Gómez Reino e Caballero… Estes partidos xa fixeron a súa campaña electoral e agora agardan as eleccións, como se ata as eleccións a privatización e os recortes do PP se paralizasen, como se as listas de espera fosen borradas dun plumazo, etc. Os recortes van seguir, as privatizacións van continuar e as reivindicacións do persoal non serán cubertas se non facemos forza todas unidas.

Por iso esiximos a continuidade da mobilización, ata frear o desmantelamento, e esta continuidade ten que vir da man da unidade das áreas que están en loita, CHUS, PACs, Atención Primaria, e da chamada ao resto do persoal e á cidadanía a continuar na loita na rúa e non esperar á “xenerosidade” de Feijóo, que fuxe das mobilizacións nas súas rúas indo á mobilización pola defensa de España, nin ás eleccións.

Nós non descansamos o vindeiro domingo 17: de novo, coma todos os terceiro domingos de cada mes, agradámosvos no Obelisco ás 12.30, porque a continuidade na loita é totalmente imprescindible ata gañar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: