MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO POR UNHAS URXENCIAS DIGNAS

photo_2018-12-31_17-15-11

Non á privatización da sanidade

A Coordinadora apoia e chama á mobilización do 9 de xaneiro por unhas condicións dignas nas urxencias do CHUS e na defensa dunha sanidade pública.

O persoal das urxencias do CHUS levan meses en folga loitando e esixindo ó Sergas e ó PP a dotación de mais persoal e medios para poder dar unha atención que evite situacións de saturación, como pasa recurrentemente. A non dotación de persoal e medios é unha chantaxe emocional que favorece o crecimento da sanidade privada, en detrimento da que é de todos e todas.

O mesmo tempo, asistimos a manifestacións en Vigo, Cangas, e moitos outros lugares, contra o desmantelamento de servizos como o de pediatría e as folgas dos PACs. A Xunta tivo que recuar na súa proposta de “pediatras itinerantes” feita o pasado verán; alén de loitas nos servizos e hospitais privatizados como as ambulancias ou POVISA de Vigo, demonstrando que toda a politica da Xunta é favorecer a destrucción da sanidade pública.

Desde o Sergas adúcese que o problema é que non hai técnicos, médicos nomeadamente; e isto é falso. Desde que comezou a crise miles de técnicos sanitarios tiveron que migrar a outras comunidades ou ó estranxeiro, pola precariedade e as malas condicións de traballo impostas desde a Xunta.

Se estas condicións melloraran, non existiría ningún problema de técnicos na sanidade. Por este motivo desde a Coordinadora damos todo o noso apoio ás reivindicacións do personal de Urxencias do CHUS, e chamamos a participar na mobilización do 9 de Xaneiro, ás 19 h na Praza Roxa de Compostela.

Por último, é patente que a destrucción da Sanidade Publica non afecta só a un servizo ou unha área, senón que fai parte dun plan acordado polo goberno de Feijóo para toda Galiza , do Estado e ven da Unión Europea, a través da lei 15/97 e o artigo 135 da Constitución.

As loitas dos PACs, das Ambulancias, do hospital POVISA,… a dimisión dos responsabéis de Atención Primaria non son feitos illados, senón parte desa política de destrucción da sanidade publica, cunhas perxudicadas directas na sua saúde: os e as doentes. Desde sempre, a Coordinadora ven defendendo a necesidade unir as loitas do persoal da sanidade coas reivindicacións das persoas usuarias, e así o fai visible todos os terceiros domingos de cada mes coas Mareas Brancas

Agora que moitos sectores da sanidade estan en loita contra a privatización, desde as direccións sindicais fan convocatorias illadas unhas das outras, cando a loita é polos mesmos motivos. Vai sendo hora, dunha vez, que todas as forzas sindicais e sociais que rexeitan esta destrucción, convoquen XA, unha XORNADA DE LOITA NA SANIDADE, que deteña dunha vez por todas as politicas criminais (“os recortes matan”, e non é retórica) da Xunta; e comece a dar pasos para revertir a situación, derrogando a lei 15/97 e o artigo 135 da Constitución.

A Sanidade NON SE VENDE, DEFÉNDESE.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: